Universario
Espectáculo de clown no que Marcel Gross brinca coas letras e os obxectos.
Este show está recomendado para nenos a partir de 3 anos e, como non, para maiores tamén.
Espectáculo de clown no que Marcel Gross brinca coas letras e os obxectos.
Este show está recomendado para nenos a partir de 3 anos e, como non, para maiores tamén.
La cantante calva foi a primeira obra dramática escrita por Eugène Ionesco e pertence á corrente literaria chamada Teatro do absurdo.
Sesenta e sete anos despois da estrea da obra, chega esta nova representación da man de Adriana Ozores, Fernando Tejero, Joaquín Climent, Carmen Ruiz, Javier Pereira e Helena Lanza.
Unha comedia que é en si mesma unha traxedia. Unha obra que naceu a partir dun manual para aprender inglés, que rebela o noso automatismo e mostra o absurdo das nosas accións.
Mamá Cabra presenta un novo espectáculo en formato musical que é un canto á vida e a todas as súas manifestacións, co que conseguirá seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos dos máis pequenos.
A festa continúa é a historia de un rapaz que decide deixar de soñar, pero a música, o amor e a amizade devolveranlle a alegría que todos acabarán celebrando cunha gran festa.
Nesta obra, a compañía trasPediante, inspirándose no poemario Balea2 do poeta Estevo Creus, experimenta coa tecnoloxía para crear un show cheo de sorpresas.
Trátase dun xogo coas baleas, as cores, e tamén co público, onde conviven a danza, a plástica, a música, as palabras e o baile.
Un pintoresco científico e un músico excéntrico conviven nun cuarto de caldeiras, o seu espazo íntimo onde poden experimentar sen ser vistos. Alí as matemáticas son o punto de unión entre ciencia e música, ademais da forma de entender que para cada familia existe unha fórmula diferente.
Martín Martín é un espectáculo de monicreques e actores dirixido a público infantil e familiar que narra a historia de un neno chamado Martín, quen está inmerso no universo da televisión e os vídeoxogos. Pero a súa avoa amósalle o valor da atención e do traballo coa propia creatividade, cando lle regala un lapis máxico.
El padre é cualificada polo propio autor, Florian Zeller, de farsa tráxica.
Trata un tema moi complicado como é a perda da realidade debida á vellez. Colócanos na perspectiva dunha mente confusa, creando situacións ambiguas e moitas veces contraditorias.
Moitas veces achégase ao drama, outras moitas á comedia, e a maioría das veces a un inquietante thriller ao estilo de Hitchcock. Cando cremos estar nunha certeza, ocurre un revés inesperado que cambia todo.
A compañía Una Hora Menos produce esta obra, protagonizada por Marta Vieira, na que se trata o tema de emigración clandestina entre África e España.
Suleimán e o seu amigo Musa deciden deixar Mali porque están fartos da pobreza, polo que marchan a Europa coa intención de traballar e gañar cartos para poder axudar ás súas familias. Sen embargo, o seu soño non é fácil, a viaxe é moi dura e a chegada á fronteira con Melilla complica as cousas. Pero eles non se renden. A historia é narrada por Isabel, unha compañeira de clase de Suleimán.
O equipo que fixo rir a todo o seu público con El eunuco presenta nova obra. Pep Antón Gómez e Sergi Pompermayer baseáronse en textos de Plauto para construír unha comedia chea de mentiras.
O elenco inclúe a Pepón Nieto, Paco Tous, María Barranco, Canco Rodríguez, Raúl Jiménez, Angy Fernández e Marta Guerras, que traballan baixo as ordes de Pep Antón Gómez.
Galdós representa no personaxe de Tristana as súas experiencias amorosas coa actriz Concepción Ruth Morell e a escritora Emilio Pardo Bazán.
Reparto
Alejandro Arestegui
Olivia Molina
Diana Palazón
Peré Ponce
Ficha artística
Autor: Benito Pérez Galdós
Adaptador: Eduardo Galán con colaboración de Sandra García
Dirección: Alberto Castrillo-Ferrer
Escenografía: Mónica Boromello
Iluminación: Nicolás Fischtel
Vestiario : Cristina Martínez
Son: Tuti Fernández Secuencia3