Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O Rei morre

O Teatro Lauro Olmo acolle a representación de O Rei morre, un texto de Eugène Ionesco con dramaturxia e dirección de Ana Vallés e unha produción de Sarabela Teatro. A historia segue ao rei Berenguer, casado en segundas nupcias con María e cunha vida chea de excesos ás súas costas. 

Está interpretado por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago, Nate Borrajo e Alfonso Míguez.

Galego

XXII Semana teatral Ben veñas, maio

Esta mostra de teatro escolar xurdiu vinculada ao programa Ben veñas, maio, que este ano conmemora o seu 25 aniversario. A iniciativa, dirixida ao alumnado de ensino medio, está deseñada para fomentar o uso do galego nas actividades propias da mocidade. 

En concreto, a semana teatral busca amosar o traballo realizado en lingua galega polos grupos teatrais dos diferentes institutos da cidade ao longo do curso. 

Galego

Don Quixote

Don Quixote é unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a unha exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes.

Galego

Bon Appetit

Elenco: Jorge Casas,  Montse Piñón, Pepablo Patinho
Tres Chefs amosan unhas sinxelas receitas de cociña ao público. Pero o sinxelo pode ser tremendamente dificil; e o divertido, pode ser moi perigoso... Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos... ingredentes para unha comedia tola!
Ghazafelhos propón este ano en clave de clown  Bon Apetitt  para escachar coa risa de principio a fin.

 

Galego

Iriña bailarina

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e  un único desexo: xogar sen límites para medrar sen  "medidas".

Ghazafelhos e María Canosa propóñennos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

A cabalo do conto Iriña Bailarina de Cristina e Paloma publicado dentro da colección "A Igualdade conta" por Edicións Embora, Teatro dos Ghazafelhos leva a cabo un contacontos dramatizado onde o público ten a última palabra.

Galego

Top Manta

Elenco: Manuel Pombal, Suso Pando e Marcos Alonso.

Top Manta -a lista dos moi listos, o hit-parade dos máis vendidos-, cóntanos en clave de comedia, unha serie de historias de actualidade, cercanas e sorprendentes.

Top Manta, un espectáculo para rir, rir e rir, por non chorar, chorar, chorar... de risa, claro!!

Galego

Pan con chocolate

A actriz Saleta Fernández, protagonista de montaxes como Supergalácticos ou O Valo, convértese en Eva, a rapaza protagonista destas historias, para narrarnos unha serie de marabillosas aventuras xurdidas do maxín de Mª Victoria Moreno. Contos que, aínda que escritos para rapaces e rapazas, a miúdo acaban sendo historias para todos os públicos, xa que amosan as cousas tal e como son e, en moitas ocasións, conseguen expresar o máis agochado de nós.

Galego

O pozo das señoras

Vero Rilo presenta a súa nova compañía de contos para público infantil. Acompañada da acordeonista Sonsoles Penadique faránnos chegar fermosas historias contadas coa incrible capacidade de narrar de Vero e a dozura musical de Sonsoles.

No Pozo das Señoras falaremos de historias ben sorprendentes protagonizadas por mulleres e fiadas por pequenas correntes de auga e emocións.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro