Lixo
A compañía teatral O Baúl da Tía Tola, da man do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, quere que os nenos e nenas e tamén os adultos recapacitemos sobre o que cada un pode facer para reducir o consumo de plásticos e conseguir que se reciclen e non danen a natureza. Por iso fixo "cultura coa varredura". E é que a idea de crear un espectáculo a partir de plástico reciclado partiu da mítica frase da Bruja Avería "La basura es cultura".

