Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Trigo sucio

Na meca do cinema, o xefe dun estudo cinematográfico dedica o seu tempo para seducir a artistas guapas, comprar á prensa e facer películas de nulo interese cultural. Para el tan só importa o sexo, o poder e o diñeiro. Ata que unha nova aspirante a actriz resístese a poñerlle prezo á súa carreira, o que precipitará a caída do magnate ata o máis fondo do escalafón social.

NOTA DO DIRECTOR

Galego

Ana, tamén a nos nos chegará o olvido

Unahoramenos nace en 1999 e desde entón expuxéronse diferentes liñas de desenvolvemento, respectando a esencia do que entón se chamaba Producións do Mar: a creación artística, produción e distribución de espectáculos.

Neses primeiros anos desenvolveuse unha liña de produción de espectáculos marcada polos grandes títulos teatrais nos que unahoramenos producións exercía a dirección global do proxecto.

Galego

Tosca

Tosca é unha ópera en tres actos, con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Luigi Illica e Giuseppe Giacosa. Foi estreada con éxito en Roma, o 14 de xaneiro de 1900, no Teatro Costanzi. O texto da obra está baseado nun intenso drama, A Basta, de Victorien Sardou, presentado en París en 1887, onde actuaba a gran actriz Sarah Bernhardt.

Galego

Intocables

Un rico aristócrata tras un accidente, queda tetrapléxico e termina contratando como coidador a un mozo marxinal que acaba de saír do cárcere (noutras palabras, a persoa menos indicada para o traballo). Farto de coidadores que lle tratan con piedade ou condescendencia, o que lle gusta del, ao contrario, é que ve que non lle ten compaixón algunha.

Galego

Andanzas e entremeses de Juan Rana

A Inquisición reúnese para un xuízo secreto que pode cambiar o curso da historia. O acusado: Juan Ra, o comediante máis soado do Século de Ouro. O delito: facer rir ao público de varias xeracións co seu humor irreverente e burlesco onde toda a sociedade queda retratada. As probas: unha selección de entremeses dos máis grandes autores da época (Calderón, Moreto e Quiñones de Benavente, entre outros) que tiveron como protagonista ao xenial actor.

As acusacións: blasfemia, desacato, irreverencia, provocación, espírito crítico, herejía? Posible condena: a fogueira.

Galego

Cadena de Montaxe

O espectáculo é a confluencia de tres acciones:
O texto de Suzanne Lebeau dito por dúas actrices como un mantra, como unha toma de postura. Falar do que ninguén quere falar. Dicilo ben clarito.
A cerimonia de loita das mulleres, a iconografía da súa loita silenciosa que enche o espazo aos poucos, ata que sentan as ausencias de cada muller asasinada.
A coda final: a bailarina de negro que baila no espazo que queda, para lembrar, en memoria, bailar para proxectar o futuro desde a memoria.

Galego

Sempre Rosalía

A actriz Ana Ponte, caracterizada como Rosalía de Castro, e o actor Diego Freire (interpretando a un dos seus biógrafos) inician un diálogo, protagonizado por poemas de Rosalía e de outros autores, cun toque de humor para homenaxear á súa figura e achegala ás persoas participantes.

Presentamos a unha Rosalía alén dos estereotipos e reducionismos que durante anos pintaron esta autora como unha “chorona”. Tratamos de fuxir da imaxe falseada e edulcorada que durante moitos anos se impuxo na nosa sociedade.

Galego

Contos de contrabando

Antes os contos pasaban de boca a orella, agora, ademais, pasan de ollos a boca e a orella. Contámonos contos que lemos ademais dos que oímos, e, se nos gustan, recomendamos os libros! Así podemos, cada quen, facer a nosa versión do conto desde a orixinal. Así que, vou contar contos que lin, co desexo de que vos gusten; e a biblioteca vai ofrecer os libros, para que imaxinedes eses contos, e máis, á vosa maneira.

Galego

Los niños del Winnipeg

Os textos ao igual que toda a obra foron creados especialmente para rendir unha homenaxe a todos os nenos e nenas  que viaxaron a bordo do Winnipeg, fuxindo da guerra civil española.

E a Pablo Neruda, quen fixo posible esta increíble fazaña.

A actriz iranos mergullando nesta historia a través dos ollos de catro pícaros que viaxaban no barco da esperanza.

Galego

Fíos

"Fíos" é un espectáculo que fía palabras, tece contos, calceta historias e cose puntada a puntada cada nota de música. Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro