Ciclo Ilusiooóh!n – O gran final
O Gran Final é unha traxicomedia que basea a súa esencia no reencontro de dous pallasos os cales tiveron que separarse hai moitos anos como consecuencia do estalido dunha guerra civil. Esta guerra interrómpelles a última función xusto antes do seu gran acto final.
O conflito obrígaos a tomar camiños separados e non ter nunca máis contacto o un co outro.
É agora, despois de máis de 30 anos, infinitos pasos, unha loita diaria e constante pola supervivencia, e un corpo envellecido, cando se reencontran e deciden acabar o seu Gran Final.

