Carmiña Miudiña, a pinga aventureira
No día do seu aniversario, Carmiña Miudiña inicia unha fantástica viaxe. Carmiña é unha pinga de auga pequerrechiña, moi miudiña, de cor azul pero cun sorriso moi grande. Vive nunha nube gris alá no alto do ceo, nunha casiña en forma de botella de auga con toda a súa familia.

