Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

El niño erizo

Trátase dunha versión dun conto do folclore popular alemán recopilado polos irmáns Grimm que pón en escena La Machina Teatro, para nenos a partir dos 6 anos de idade.

El niño erizo conta a historia dun neno, metade neno, metade ourizo, que medra sentíndose diferente e sendo marxinado na escola. A obra convida a reflexionar sobre a necesidade de valorarse a un mesmo e aos demais, de atopar o valor da diferenza e tamén daquilo que nos asemella.

Galego

Splash ao cadrado na Chavas

Encadrada no día da cultura da semana cultural organizada pola A.VV. A Chavasqueira no seu décimo aniversario.

Trécola Teatro é un grupo de teatro afeccionado radicado na cidade de Ourense, nacido no ano 2004. A formación de todos eles comeza na Aula de Teatro Universitaria da Universidade de Vigo, Campus de Ourense -Maricastaña-, complementando ésta con cursos de diversa índole ao longo de todos estes anos.

 

Galego

Ganas de ouvear

O Centro Dramático Galego, o Teatre Nacional de Catalunya e Catrocadeiras producen esta proposta, que chega a Santiago de Compostela despois da súa exhibición en Barcelona. O espectáculo está dirixido polo galego Dani Salgado, quen comparte con Joan Giralt a interpretación e a dramaturxia a partir de textos poéticos de Alfonso Pexegueiro e Narcís Comadira, así como de referencias á filmografía de Jean-Luc Godard. Esta colaboración enmárcase na liña de intercambio que o CDG mantén coa escena catalá e coa lusófona a través do traballo en parcería con estruturas teatrais homólogas e con compañ

Galego

Andersen!

Este espectáculo ten o desafío de abordar dous dos máis amados contos de Andersen cunha proposta orixinal e artesanal que integra varias linguaxes escénicas como mimo, commedia dell'Arte, teatro de sombras e escenografías de vangarda. Un espectáculo que fará a delicia de toda a familia

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Contos de lobo

Un Conto interactivo onde se mestura a maxia o circo ou a hipnose... Dúas personaxes dispares pero no fondo parecidas, acordan para contar historias onde aparezan lobos... pero ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fan acrobacias...

E os contos?

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Il Cirque d'Amore

Micaela é a muller barbuda do Cirque d'Amore; nel limpa a pista, dá de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público se ría dela... Coa axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Fígaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Pero... conseguirá Micaela ser feliz?

Mediante a interpretación en directo de fragmentos de coñecidas óperas dáse forma ao Il Cirque d'Amore, onde un pianista, un barítono e unha soprano viaxarán co público por un fermoso repertorio musical acompañados dunha historia divertida e didáctica.

Galego

Aladdín

Aladino coñece a un misterioso personaxe que lle ofrece facerse rico se lle axuda a conseguir unha vella lámpada de aceite que está nunha cova encantada... o proceso de aprendizaxe que experimenta, o espírito da obra, a súa capacidade de evocación e a riqueza plástica do universo das 1001 noites, fan de Aladdin un espectáculo poético e de amizade.

Galego

Arturadas

O famoso e coñecido rei Artur disponse a iniciar unha das súas moitas aventuras, sabendo que os seus fieis cabaleiros e toda a súa corte, coa raiña Xenebra á fronte, sempre o acompañan. Mais algo inesperado acontece: despois dunha extraña conversa cun vixiante da torre dun castelo veciño, o rei Artur atópase con alguén con quen non contaba, a súa irmá, a misteriosa Morgana, que se cadra lle descubre cousas que nin imaxinaba.

Galego

Eirugas

Flora e Adrián celebran as súas vodas de prata cunha cea no xardín da súa casa de campo, á que asiste un grupo de amigos. No transcurso da mesma, os invitados mostrarán as súas personalidades ocultas a través do xogo de roles que propón o anfitrión e que cuestionará a sinceridade das súas relacións.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro