30 e tantos ósos
- Dramaturxia de Diana Mera a partir de textos e materiais de creación colectiva
- Elenco: Teté GArcía, Diana Mera, Diego Valeiras, María Roja, Merche pérez
Dramaturxia de Diana Mera a partir de textos e materiais de creación colectiva.
Elenco: Teté García, Diana Mera, Merche Pérez, María Roja, Diego Valeiras
Sinopse: 30 e tantos ósos é unha viaxe de catro mulleres de 30 e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, adoptando condutas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba, para chegar os seus ósos, á materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se atopa, desterrado, o seu potencial máis vital e salvaxe.
Autores: Manuel Cortés e Antón Coucheiro
Dirección: Manuel Cortés e Simone Negrín
Elenco: Antón Coucheiro e Túlio Flávio
Autor e director: Xullo Fernández Peláez
Elenco: Eva Alfonso e Xullo Fernández Peláez
Preferiría non facelo" toma a frase feita de Bartleby -o personaxe da obra de Melville- para construír un imaxinario poético ao redor da desobediencia. A peza mestura a performance, o teatro e a danza na liña de investigación propia de Anómico Teatro.
Poeticlub é un espectáculo de cabaret que trata sobre economía.
Poemas, cancións e confesións entrelázanse para ofrecer ao público un desvergoñado espectáculo onde a actualidade se toma con moito humor.
Iria Pinheiro e Jesús Tejada reciben aos espectadores no seu particular salón de variedades para lograr en conxunto a gran evasión.
Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.
Elenco: Jose Manuel Rodríguez Puente "Isi"e Celso Sanmartín ou Patricia Vázquez
Francisca de Asís Taboada, marquesa viúva de Andrade, é unha galega que reside no Madrid de fin de século onde o conservadorismo da aristocracia xera un clima asfixiante que constrinxe as ilusións dunha dama aínda moza e atractiva que, de socato, asumirá a capacidade de pensar e decidir pola súa conta. Con este texto a autora fai unha defensa impecable do dereito a elixir das mulleres.
Os 7 Magníficos máis 1 (os televisivos Fran Rei e Pedro Brandariz) agasallarannos cunha boa dose de risas e de alegría para despedir o ano 2014 e darlle a benvida ao 2015. Porque o Nadal non é só cousa de nenos, velaquí unha proposta para público de todas as idades que percorrerá 18 entidades da Rede de Dinamización Lingüística de toda Galicia coa colaboración da Deputación da Coruña no seu ámbito territorial. Trátase dunha serie de pequenas pezas humorísticas que nos farán contemplar as festas de Nadal cunha mirada desenfadada.
Versión teatral deste clásico da literatura infantil galega escrito en 1971. Nela Lucho Penabade e Tero Rodríguez continúan a historia orixinal contada polos adultos que lle deron vida á trama do Espantallo amigo de Xosé Neira Vilas. Cunha proposta escénica deseñada por Xosé Vizoso, a actividade ofrécelle como complemento ao público asistente un exemplar da reedición especial da peza ilustrada por Xaquín Marín e editada por Galaxia.
Dirixido a familias con nenos de máis de 7 anos, Espantallo amigo chegará este Nadal a 7 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
Autor: Boccacio
Director: Cándido Pazó
Nos tempos críticos eo alivio do humor é máis necesario ca nunca. Así era no século XIV, tempo de pestes e andazos, cando Boccaccio escribiu os tan célebres como divertidos contos do Decamerón. Así é hoxe, con esta adaptación para o teatro e a palabra. Unha actualización escénica para un tempo no que outras pestes e andazos nos ameazan.
Un espectáculo a unha soa voz, como facían os xograis e bululús de entón e como fan os cómicos populares de agora.