Al final de la carretera
Rafa cumpre 40 anos e o seu mundo derrúbase. Como fuxir desa vida perfecta que construíches? A visita dos seus veciños, marabillosamente integrados na mentira da sociedade, e a insistencia da súa muller en que acate as súas obrigas, actuarán como detonante. Ao longo dunha caótica noite, os catro protagonistas irán destapando as verdades ata asumir, con resignación, que aínda que non teñas a vida que soñaras, quizais a que che tocou non estea tan mal.
E se non, aínda queda a esperanza de escapar e, por primeira vez, chegar ao final da estrada.

