A saia da Carolina
A saia da Carolina é un entremés satírico inspirado na tradición oral onde se xuntan contos con cantos, confesións, sermóns, locucións, recomendacións, adagios, proverbios, trabalinguas, adiviñas, ditos e reditos para contar a historia dos amoríos do Padre Damián coa súa criada Carolina, muller de Xosé, o muiñeiro.

