Capitán Maravilla
Capitán Maravilla o superheroe profesional que se ri do perigo e o mundo ri con el.

Capitán Maravilla o superheroe profesional que se ri do perigo e o mundo ri con el.
Nunha mañá soleada e primaveral, aínda que na tarde chovera un pouco, ao Rei dun reino o don da fala e da risa desapareceronlle.
O Rei non falaba, o rei non quería falar, tampouco quería rir. Os máis achegados ao rei, os asesores do reino e o pobo en xeral non sabían que facer… e pensaban, pasaron días, meses e case un ano, cando de súpeto xurdiu da néboa un bufón, ben, unha bufona, ofrecéndose para devolverlle o don da fala e da risa ao rei a cambio de case nada.
Segundo a lenda, estas foron as derradeiras palabras que pronunciou o sabio Arquímedes de Siracusa, antes de morrer a mans dun soldado romano. Corría o ano 212 a. de C.
Ano 2015. Tomás Canalejo é un físico que ven de ser despedido da universidade. Unha vítima mais dos recortes orzamentarios. Despois de moitos anos como investigador, intenta abrirse camiño como divulgador da figura de Arquímedes. Entusiasmo, vontade e ousadía non lle faltan, mais... abondaralle con iso?
Chega o Nadal a Santiago de Compostela, e con el as panxoliñas, o turrón, as pagas extras e o tradicional rapto do Neno Xesús do Belén. Nestas datas ninguén debería cear só en Noiteboa e por iso Mariví,unha entrañable xubilada, contrata a dous profesionais para que lle fagan compaña. Arturo, unha vella gloria con delirios de grandeza, é un asiduo nas festas de Mariví. Pero para Nico, un estudante con escasos recursos, é a primeira vez. Para todos, esta Noiteboa será difícil de esquecer.
O grupo de teatro e animación presenta a súa nova obra no marco do Festival cultural Río da Vida que ten lugar en Ourense encadrado nas Festas do Corpus.
Actuación do grupo de teatro da ONCE, dirixido por Lino Braxe. Este actuación enmárcase dentro da actividades de artes escénicas do programa do Encontro de Artes pola Integración, que se celebra en varios puntos de Compostela, como a Cidade da Cultura de Galicia, o Salón Teatro e rúas da cidade.
VIAXE A DADÁ é un proxecto para bebés de 0 a 3 anos e pais/nais acompañantes, con xogos iniciáticos, cantigas de berce, estimulación sensorial e moito agarimo .
Dadá é a infancia simbolizada nun cabaliño de madeira. De feito dita expresión, "dadá" (que da orixe tamén á arte dadaísta), provén do
balbuceo infantil con que as crianzas francesas chaman ao cabaliño de xoguete.
SINOPSE
Adaptación ao Teatro de Sombras do conto de Michael Grejniec A que sabe a lúa? Título orixinal Wie schmeckt der Mond.
Un espectáculo sobre as emocións destinada ao público familiar.
Que é iso que sentimos e que as veces nos desborda, que incluso se apodera de nós de xeito que non nos deixa pensar con claridade. Cando nos preguntaban de pequenas "pero que che pasa? " As veces non sabíamos que contestar, e incluso tardamos moito tempo en averigüar de que emoción se trataba. Descubrimos que ao saber o seu nome e como se manifestaban en nós puidemos manexalas moito mellor e incluso facernos máis empáticas coas emocións dos demais.
Jorge Rey-Ainternacional Teatro é unha compañía de teatro dirixida por Jorge Rey, director e dramaturgo arxentino que vive en Galicia desde finais dos anos setenta.
Nas ruinas dun Pazo perdido entre bosques e montes latexa a historia da pequena Brancaneves.