A won woman show
Gladys! Naciches para estar casada, din Papá e Mamá. Desgraciadamente ela é un pouco estraña e excéntrica, e a pesar de todos os seus esforzos, ela non chega a entrar no molde reductor dos roles asignados pola sociedade. Ás veces, sobre o fío da navalla, déixase ir resultando insensata, ata que lembra que é sensata.
Laura Herts embarca ao público nun mundo barroco, onde o mimo bordea unha presenza escénica desbordante. Coa felicidade no xesto, os golpes na cara ou os instantes melancólicos. A artista vibra en todos os sentidos e adestra aos espectadores no seu mundo extravagante.

