Um Picasso
A Companhia de Teatro de Braga viaxará ata Compostela en febreiro para representar o día 11 Um Picasso, de Jeffrey Hatcher, dentro do plan de intercambio e colaboración coa escena portuguesa que mantén o Centro Dramático Galego (CDG).
Esa representación forma parte da oferta do Bono de Teatro Galego e Portugués que manteñen o Concello de Santiago e a Axencia Galega das Industrias Culturais. O Salón Teatro, o Teatro Principal e a Zona C forman parte desta iniciativa, que posibilita obter 5 entradas para 5 espectáculos por un total de 35 euros.