UNTITLED_I will be there when you die
Este traballo representa o segundo capítulo dun proxecto maior chamado Will you still love me tomorrow?, unha investigación sobre os conceptos de tensión, a perseverancia e a resistencia (Folk-s, 2012 - UNTITLED_I will be there when you die, 2013 –AURORA, 2015). Neste novo traballo, o movemento malabar (o lanzamento de obxectos) evoca a fraxilidade da existencia humana. A idea é despoxarnos de todos os esterotipos que normalmente se asocian a esta arte circense na imaxinación colectiva, para permitir así a súa exploración como unha linguaxe.