Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Identifíca-T

Identifica-te é un espectáculo interactivo que ten como obxectivo que o público consiga identificar comportamentos que promoven a violencia machista. Cunha estructura de concurso televisivo de caracter didáctico, a peza amosa como estes comportamentos aparecen en distintos contextos como a música, a publicidade, as redes sociais e as relacións persoais.

Este espectáculo forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

Que é o que precisas?

Comedia de enredo, romántica, aderezada cun pouco de vinagre real, unhas pingas de tenrura, unha areas de clown, con salsa de humor, unhas gotiñas de sorrisos e todo misturado con moito amor.
Pódese tomar frio ou quente, moi nutritiva e dixestiva.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

A Tropa Trapalleira

A Tropa Trapalleira, Rosiña, Laranxiño e Mariña, presentan Pequena trapallada e algunha que outra batalla.

Un espectáculo para nenos e nenas de 6 a 99 anos, 100% dinámico e colorista que fai reflexionar sobre o absurdo da guerra e as súas consecuencias. A través do traballo corporal dos actores que bebe da farsa e da commedia dell'arte e apoiándose na música e na videocreación, constrúen un universo de diversión no que se poñen en valor cousas tan importantes como a amizade, o respeto, o compañeirismo e o amor.

Galego

A fotógrafa

Este proxecto céntrase na investigación do teatro rural amateur e infantil, así coma na creación dende o 2014 de espectáculos para tódolos públicos.

Juan Manuel Frade e Beatriz Rodríguez, xunto con Cristina Collazo formaron parte da primeira peza da compañía, O Circo dos Contos. Na actualidade, Pilar Abades e Cristina Collazo continúan o proceso.

Galego

Ensaio sobre a cegueira

Ficha artística:
Autoría: José Saramago
Dirección e dramaturxia: Ánxeles Cuña
Cinematografía: Jorge Coira, Gaspar Broullón
Escenografía: Suso Montero
Iluminación: Baltasar Patiño
Caracterización: Raquel Fidalgo
Vestiario: Fina Calleja
Espazo sonoro: Renata Coda Fons
Elenco: Vicente Montoto, Fina Calleja, Sabela Gago, Jorge Casas, Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Josito Porto e Xavier Estévez

Galego

O souto dos prodixios

O Souto dos Prodixios conta a historia de Curuxiño: O gardian do Souto dos Prodixios. Un lugar no que todo pode suceder. Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro