Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Feo!

Autoría e dirección: Laura Sarasola e Juan Rodríguez
Elenco: Juan Rodríguez e Suso Jalda

Caramuxo teatro presenta Feo! un espectáculo de pequeno formato inspirado no Parrulo Feo de Hans Christian Andersen. 

Sinopse: A pequena fábrica de parrulos de goma produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, pero un día sae un parrulo diferente..
Feo! é un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia para toda a familia.

Premio María Casares 2016 ao mellor espectáculo infantil

Galego

O mandarim

Despois de ter abrazado o positivismo e a estética realista, un dos grandes novelistas da literatura portuguesa, Eça de Queiroz, deixase seducir pola fantasía a partir de O mandarim (1880).

Teodoro, o protagonista, será unha noite interpelado por un vello libro: “No máis recóndito de China existe un mandarín máis rico que todos os reis que a fábula e a historia contan”. Tentado polas ambicións que hai moito alimentaba, Teodoro porá fin á vida de Ti Chin-Fu. 

Galego

Valentina, Constanza e o libro máxico

É unha obra de monicreques, sombras chinescas e contos falados. Nela Xulian contalle historias da sua vida o seu filliño Chinchin. Un bebe que desperta o mundo. As historias de Xulian que os mais pequenos soñen e aprendan os misterios da vida.

Este espectáculo forma parte da programación de Cultura no Camiño, que leva teatro, música, danza e novo circo polos concellos onde discorren as rutas xacobeas.

Galego

Carteiro en bicicleta

O carteiro é unha persoa moi curiosa que ademais de percorrer as rúas de casa en casa aproveita para coñecer a historia de cada rúa, dos seus nomes, das súas efemérides... e sobre todo as dos grandes autores, autores en lingua galega, para compartilas co público. Unha forma de coñecer a Rosalia de Castro, Castelao, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro...

 

Galego

Pan!Pan!

PAN!PAN! conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado. A través da aventura deste antiheroe, redescubriremos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais.

Galego

Ledicias

Espectáculo baseado na maxia infantil, no que o Mago Paco fai un percorrido polos seus mellores xogos de maxia.

Con esta actuación mergulla o público no seu mundo fantástico, cheo de ilusión e sorrisos. 

Espectáculo escénico que forma parte da programación Cultura no Camiño.

Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Amor en 3D

Texto e dirección: Jose Prieto
Elenco: Susana Álvarez, Celia González, Daniela Rodas

Sinopsis: A compañía Vía Seis debuta con esta comedia cinematográfica posromántica na que tres mulleres en paro deciden facer unha película de amor e rematan facendo catro: As pontes de Madison, Notting Hill, Titanic e Amor en 3D.

Máis información

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro