Ganas de ouvear
O Centro Dramático Galego, o Teatre Nacional de Catalunya e Catrocadeiras producen esta proposta, que chega a Santiago de Compostela despois da súa exhibición en Barcelona. O espectáculo está dirixido polo galego Dani Salgado, quen comparte con Joan Giralt a interpretación e a dramaturxia a partir de textos poéticos de Alfonso Pexegueiro e Narcís Comadira, así como de referencias á filmografía de Jean-Luc Godard. Esta colaboración enmárcase na liña de intercambio que o CDG mantén coa escena catalá e coa lusófona a través do traballo en parcería con estruturas teatrais homólogas e con compañ