Entre nós, mulleres
A Deputación e o Museo de Pontevedra poñen en marcha un novo ciclo de Teatro no Museo, que ten como obxectivo principal achegar o teatro a todos os públicos, cun amplo abano de idade e temática, e abrir o espazo do Museo a todas as compañías e asociacións de teatro afeccionado da provincia.
A compañía encargada desta primeira sesión será Teatro da Zarabándula (Cuntis, Pontevedra), que presentará a obra Entre nós, mulleres, dirixida por Toño Pena e coa interpretación de Chelo do Rejo e Chus Picallo.