Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O País dos Mandóns

Teatro Ghazafelhos aterran en Lugo con esta pequena adaptación de teatro de tres contos da colección A igualdade de Edicións Émbora. Recreando unhas personaxes imaxinarias, fálannos de Flora e o seu segredo, da urna dos desexos e do país dos mandóns. Contos que convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias.

Galego

Rosalía, el reencuentro

Na celebración do día de Rosalía o grupo de Teatro Kepler achega á vila do Rosal esta representación.

Rosalía, el reencuentro,  é unha fermosa representación teatral de fragmentos poéticos de Rosalía de Castro. Transpórtase ao público a aqueles anos de loita, inxustizas e penas. Trátase de conseguir transmitir dun xeito apaixonado o sentimento duns antepados fóra da nosa terra. Os actores consiguen meterse dentro dos versos de Rosalía, dándolle vida os seus pensamentos.
 

Galego

XVI Mostra de Teatro de Vilalba

Vilalba volve a acoller durante os dous últimos sábados de febreiro e un sábado de marzo esta mostra de teatro, que xa chega a súa edición número dezaseis. Durante estes tres sábados poderase gozar de funcións de balde e aptas para todos os públicos:

Do píldaro a cubana, a cargo da Escola Municipal de Teatro da Pontenova o día 21 de febreiro.

Cometa, cometa, a cargo da Escola Municipal de Teatro de Vilalba, o día 28 de febreiro.

Galego

Acceso

Sandokan é un vendedor ambulante que ofrece diferentes produtos sobre un bus do Transantiago. Pero Sandokan está atravesado polo único relato posible para o seu corpo; o dun neno abusado, por sacerdotes e empresarios de diferente tipo, para logo ser recluído no Sename, lugar onde é violentado e corrompido irrevogablemente. El precisa vender para subsistir; aínda que para iso debe narrar e expoñer de xeito inevitable a súa biografía para poder ter acceso.

Galego

Mis documentos Santiago de Compostela

Mis documentos é un ciclo de conferencias performáticas onde artistas de distintas disciplinas presentan unha investigación persoal, unha experiencia radical, unha historia que os obsesiona secretamente. Mis documentos é un ciclo cun formato mínimo: o artista en escena cos seus documentos. Unha forma de facer visibles esas investigacións que ás veces se perden nunha carpeta sen nome no ordenador.

Galego

UNTITLED_I will be there when you die

Este traballo representa o segundo capítulo dun proxecto maior chamado Will you still love me tomorrow?, unha investigación sobre os conceptos de tensión, a perseverancia e a resistencia (Folk-s, 2012 - UNTITLED_I will be there when you die, 2013 –AURORA, 2015). Neste novo traballo, o movemento malabar (o lanzamento de obxectos) evoca a fraxilidade da existencia humana. A idea é despoxarnos de todos os esterotipos que normalmente se asocian a esta arte circense na imaxinación colectiva, para permitir así a súa exploración como unha linguaxe.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro