Amor en 3D
Comedia cinematográfica posromántica na que tres mulleres en paro deciden facer unha película de amor e rematan facendo catro: As pontes de Madison, Notting Hill, Titanic e Amor en 3D. Escrita e dirixida por José Prieto, un dos autores máis prolíficos e representados do actual panorama teatral galego. Con ela preséntase Vía Seis, unha compañía fundada en 2014 por un grupo de novos profesionais da escena, formados na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia.