Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O país dos mandóns

Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país das chuches, o país da música, o país das cores... e no país dos Mandóns... O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio.  Grazas a Clara, este lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñécese como O país da Igualdade. 

 

Ghazafelhos adapta nunha obra de teatro tres contos da colección A Igualdade Conta de Edicións Embora.

Galego

O país dos mandóns

Pepino, Pepone e Pepuccia camiñan polo mundo debuxando no seu mapa os lugares por onde pasan. Estiveron en moitísimos países; o país das chuches, o país da música, o país das cores... e no país dos Mandóns... O seu paso por este país, coincidiu cun gran cambio. 

Grazas a Clara, este lugar feo e triste, converteuse nun lugar bonito e feliz. Dende entón coñécese como O país da Igualdade. 

 

Ghazafelhos adapta nunha obra de teatro tres contos da colección A Igualdade Conta de Edicións Embora.

Galego

O grocho

A obra representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque, apartado da comunidade. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto: é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada.

O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconcíliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demáis.. Para elo ten que superar tres probas....

Galego

El pequeño circo

O circo máis pequeno do mundo presenta co seu espectáculo The piojos Show. O persoal do circo encárgase de sacar os piollos dos cabelos do público asistente para que poidan ver o show, mentres tanto os zancudos do circo amenizarán a espera con música e interacción.

Galego

Le Petit Studio Cinéma

Érase unha vez Georges Méliès, "o mago do cinema", o primeiro home que viaxou á lúa. Na terra, acosado polos monopolios da incipiente industria do cinema, a familia Méliès converteu o seu estudo de cinema nun teatro de variedades.
Le Petit Studio Cinéma, onde se contempla unha máquina capaz de atrapar o tempo, e capturar a memoria en movemento dunha historia teatral, un lugar onde a fantasía e a maxia se fan realidade, un lugar onde se burlan os límites físicos do mundo real.

Galego

o bufón do reino

Nunha mañá  soleada e primaveral, aínda que na tarde chovera un pouco, ao Rei  dun reino o don da fala e da risa desapareceronlle.

 O Rei  non falaba, o rei non quería falar, tampouco quería rir. Os máis achegados ao rei, os asesores do reino e o pobo en xeral non sabían que facer… e pensaban, pasaron días, meses e case un ano, cando de súpeto xurdiu da néboa un bufón, ben, unha bufona, ofrecéndose para devolverlle o don da fala  e da risa ao rei a cambio de case nada.

Galego

Non toques os meus círculos

Segundo a lenda, estas foron as derradeiras palabras que pronunciou o sabio Arquímedes de Siracusa, antes de morrer a mans dun soldado romano. Corría o ano 212 a. de C.

Ano 2015. Tomás Canalejo é un físico que ven de ser despedido da universidade. Unha vítima mais dos recortes orzamentarios. Despois de moitos anos como investigador, intenta abrirse camiño como divulgador da figura de Arquímedes. Entusiasmo, vontade e ousadía non lle faltan, mais... abondaralle con iso?

Galego

Noiteboa

Chega o Nadal a Santiago de Compostela, e con el  as panxoliñas, o turrón, as pagas extras e o tradicional rapto do Neno Xesús do Belén. Nestas datas ninguén debería cear só en Noiteboa e por iso Mariví,unha entrañable xubilada, contrata a dous profesionais para que lle fagan compaña. Arturo, unha vella gloria con delirios de grandeza, é un asiduo nas festas de Mariví. Pero para Nico, un estudante con escasos recursos, é a primeira vez. Para todos, esta Noiteboa será difícil de esquecer. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro