Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

As fillas bravas

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

As fillas bravas veñen para reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados.

Galego

Pan! Pan!

PAN!PAN! conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

A través da aventura deste antiheroe, o público redescubre ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, das cantinas e dos desertos cheos de perigos. Coma nunha película do Far West, hai whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais.

 

Galego

Acuario

Baseado no libro de poemas de María Canosa. Espectáculo multidisciplinar onde se mestura o traballo actoral, a manipulación de títeres e a poesía. Amosando a maxia e abundancia do patrimonio lingüístico e mariño galegos.

Galego

Andante

Nunha pleamar, o mar devolveu á terra historias que debían ser contadas. Por iso, a rúa apareceu chea de area e de zapatos.
Os paseantes pregúntanse asombrados Como chegaron ata aquí? De quen son? Que queren contarnos?

Andante é teatro de máscara que narra, de forma poética, sen palabras e cun coidado sentido do humor, historias que non deberiamos esquecer. Historias de zapatos anónimos en época de guerra. Zapatos que poderían ser os nosos.

Premio ao Mellor Espectáculo Rueiro de Euskadi. XVI. UMORE AZOKA 2015

Galego

O Chapeu do indixente

Lectura dramatizada da obra: O chapeau do indixente, de Julio Fernández Peláez, dirixida por Tito Asorey e teatralizada por Melania Cruz e Alfonso Míguez.

Julio Fernández Peláez, 1963. Dramaturgo, novelista, poeta e artista visual. Desde o ano 2007 vive e traballa en Vigo. É cofundador e codirector da revista de artes escénicas Núa, coordinador do Festival Poéticas para unha vida e compoñente do colectivo de arte de acción Inaudita.

Galego

O souto dos prodixios

O Souto dos Prodixios conta a historia de Curuxiño: O gardian do Souto dos Prodixios. Un lugar no que todo pode suceder. Non hai nada imposible baixo os castiñeiros: Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan ópera lixeira, os sapos compoñen poemas que riman, os osos fan punto de cruz nas silveiras, temos xirasoles que dormen de día e as estrugas non pican se lles chiscas un ollo.

 

Galego

Zoozoom

ZOOZOOM propón unha forma lúdica de gozar do teatro de rúa, para que toda a familia participe, se divirta, se sorprenda. Creando un orixinal parque zoológico de animais construídos con materiais sinxelos. De maneira, fácil, rápida e imaxinativa, os participantes transformaranse en xirafas, flamencos, elefantes, peixes, cangrexos, dinosauros,...

 

Galego

O principio de Arquímedes

Sinopse: Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces,  de que puidera tratarse dun pederasta. A sospeita –provocada por un feito con tantos argumentos para que sexa fundada como para que sexa absolutamente infundada– medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, ao que parece,  xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade. E a bóla medra, e non hai quen a parala; e o monstro do medo desemboca en violencia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro