Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Cucú Haiku

Unha delicada obra visual e poética para os máis pequenos. A maxia da cor e do instante presente. Nun xardín zen sete bolboretas deixáron as súas cores para pintar o mundo. Outono, inverno, primavera e verán son os escenarios das cousas sinxelas e os seus grandes cambios, porque todos crecemos e transformámonos como lle ocorrerá ao noso protagonista, un verme chamado Cucú.

Dirección e creación: Branca do Barrio
Intérpretes: Esther Velategui e Eva Sanz/Iria Angulo/Esther Aja

Galego

Cartas de las golondrinas

O argumento de Cartas de las Golondrinas de Escena Miriñaque baséase na íntima correspondencia real que os emigrantes españois mantiveron coas súas raíces e as súas xentes desde países concretos como Arxentina e Uruguai e explora as motivacións e vicisitudes destes. En paralelo investiga as similitudes cos contemporáneos inmigrantes no noso país agora territorio de Europa. Cartas e relatos persoais, descubrimento do estranxeiro, de outro, do outro e tamén relatos da separación e da nostalxia.

Galego

Presidente

Autor e director: José Prieto

Celso Parada, Merce Castro, Avelino González, Iolanda Muíños, Federico Pérez

 

Sinopse: En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o presidente do goberno e os seus asesores  deciden tomar unha iniciativa desesperada: o Presidente visitará persoalmente ós votantes nas súas casas para convencelos de que o voten. 

Galego

Demolición

Autor e director: Cándido Pazó

Elenco: Artur Trillo e Toño Casais

 

Sinopse: Dúas persoas moi distintas coinciden, casualmente, como curiosos espectadores da demolición dun gran edificio que, despois de anos e anos de litixios e demoras, ten que ser derrubado por mandato xudicial. Na medida en que entre elas dúas se vai establecendo unha insospeitada relación, asistimos a un espectáculo que fala do que todo o mundo fala. Demoledoramente divertido. Demoledoramente humano.

Galego

Pepe Capelán: contos dun rapaz de aldea

Pepe Capelán é un rapaz da aldea. Acostumado a vivir rodeado de leiras, vacas e tractores, non estaba preparado para o que esperaba: o salto á gran cidade. Cambiou os velorios polas compras nas grandes superficies comerciais, os patróns da aldea polos yonkis dos barrios marxinais da Coruña, e as verbenas polas tardes de sábado nas discotecas. Todo isto e moito máis en "Contos dun rapaz de aldea".

Galego

Peer Gynt

Peer Gynt é un mozo fantasioso, aventureiro e un pouco preguiceiro que quere marchar da aldea na que vive para facerse rico e converterse no Rei do Mundo.

A súa nai Aase, farta das queixas que lle dan de Peer Gynt os veciños, e a súa paciente noiva, Solveig, queren refrear as  súas ansias de aventura …  sen moito éxito.

Só a través duns  estraños  soños  Peer Gynt acada a comprender  cas  súas ambiciosas intencións  non lle traerán máis ca problemas  e finalmente  decide quedar coa fermosa Solveig na aldea para sempre.

Galego

Os amos do mundo

Autora: Carmen Blanco

Director: Lino Braxe

Actores: Xosé Bonome Pedro Picos   Voces en Off: Piloto: Lino Braxe Locutor Informativos: Manuel López Torrente Policía 1: Héctor Bonome Policía 2: Lino Braxe

 

Galego

O último dragón

Autora e directora: Fina Calleja

Fernando Dacosta como chambelán e o neno Telmo  

Nate Borrajo como a princesa Celia

Sabela Gago como a raíña nai

Elena Seijo como carteira real

Elena Seijo e Sabela Gago como manipuladoras.

Fernando Dacosta como voz do dragón.

Galego

Bailando cos contos

Andrea ea, ea chega coa súa maleta disposta a desvelar un segredo, os seus contos bailan, descubriuno un día por casualidade e agora non deixan de bailar pero para iso precisan escoitar música e contos.

“Bailando cos contos” presenta un espectáculo que vai fiando diferentes contos, todos relacionados co baile, a música ou as cantigas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro