Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Historias de vida, guerra, amor e case morte

Historias de Vida, Amor, Guerra e case Morte é unha fermosa proposta a medio camiño entre a narración oral e o teatro con música ao vivo.
Ao longo de varias historias recollidas de experiencias reais, Dabopapipa cóntanos historias dos nosos maiores que reflicten dun xeito agarimoso e divertido a realidade na que vivían.
 
Historias de amor, de emigración, de reclusión, guerra e amor contadas desde a tenrura e a emoción nunha proposta que arranca bágoas, lembranzas e sorrisos.

 

Galego

Sofocos Plus

Novas historias cotiás, nunha peluqueria, nun supermacado nun ximnasio... Unha comedia que promete liberar ás mulleres do falso mito da histeria hormonal, unha vez alcanzado o medio século, e que converterá aos homes nos seus cómplices.

Galego

NÓS

Sinopse: Nos silencios gardamos a memoria de NÓS mesmos. Cos xestos rasgamos os NÓS que nos prenden no tempo e no espazo, enchendo os días de memorias vividas ou aínda por vivir…

A Pele (espazo de contacto social e cultural) e a Asociación de Xordos do Porto, con desexo compartido de cimentar pontes de comunicación entre as comunidades xorda e oínte, vén establecendo un diálogo ao través do teatro, en canto a linguaxe universal.

Galego

Moito Conto

Pepiño e Manola están a piques de vivir un gran desafío. Enganados pola súa madrastra acabarán perdidos no bosque e vivirán unha aventura que os cambiará para sempre: os nenos terán nas súas mans o destino dos contos e dos soños e terán que salvalo convertendo o que consideraban defectos en virtudes. "Moito Conto" é unha comedia musical 100% ecolóxica dirixida a un público familiar a partir dos 6 anos que, seguindo a estrutura do coñecido conto “Hansel e Gretel”, trata de educar e concienciar en valores de coidado do medio ambiente e de hábitos de vida saudables.

Galego

El Eunuco

Versión divertida, trepidante e libre na que nove personaxes están enloquecidos polo amor, o diñeiro, a paixón, o orgullo, os celos e os equívocos. Son nove personaxes e outras tantas historias que se entrecruzan nunha montaxe que transita polo teatro clásico grecolatino e o musical, a comedia de situación e o vaudeville.

Galego

Sonos

Sonia xamais chegou á cita co seu noivo Xerardo. Unha chamada…, outra…, outra… O seu teléfono dá liña, ninguén descolga. Ao día seguinte cala para sempre. Pasan días, semanas, anos… Xerardo non perde a esperanza de que algún día ao abrir a porta se atopará co sorriso de Sonia. Fundiranse nun abrazo que esvaerá todo tempo pasado…

Galego

A Tres Niveis

Trasluz Teatro é unha compañía galega de teatro creada para afrontar o futuro, para loitar, para facer arte, para facer bo teatro. Para vivir.

A Tres Niveis é un novedoso proxecto artístico creado e interpretado por Pablo Carrera, Aarón Castro e Roberto Casal, que combina a través do humor, diversos aspectos das artes escénicas como monólogos, gags físicos baseados en grandes artistas como James Thierré, Tricicle ou Charles Chaplin e números de loita escénica, así como guiños a películas e representacións de algunhas escenas de grandes clásicos da literatura teatral universal. 

Galego

El niño erizo

Trátase dunha versión dun conto do folclore popular alemán recopilado polos irmáns Grimm que pón en escena La Machina Teatro, para nenos a partir dos 6 anos de idade.

El niño erizo conta a historia dun neno, metade neno, metade ourizo, que medra sentíndose diferente e sendo marxinado na escola. A obra convida a reflexionar sobre a necesidade de valorarse a un mesmo e aos demais, de atopar o valor da diferenza e tamén daquilo que nos asemella.

Galego

Splash ao cadrado na Chavas

Encadrada no día da cultura da semana cultural organizada pola A.VV. A Chavasqueira no seu décimo aniversario.

Trécola Teatro é un grupo de teatro afeccionado radicado na cidade de Ourense, nacido no ano 2004. A formación de todos eles comeza na Aula de Teatro Universitaria da Universidade de Vigo, Campus de Ourense -Maricastaña-, complementando ésta con cursos de diversa índole ao longo de todos estes anos.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro