Rúa Aire
O Retrete de Dorian Gray, en coprodución co Centro Dramático Galego (DDG), presenta a primeira peza do mundo con marionetas feitas con globos.
Sinopse: Unha vetusta maquinilla de procesado e inflado de globos ... Unha xénese nada máis empezar ... Un puñado de globos empeñados en vivir ... Unha ducha accidentada ... Unhas malvadas tesoiras de ideas fixas ... O vento que chama á porta ... Un país vítima dunha Praga de bolsas de plástico ... Un bombín con patas ... Un final que coincide coa conclusión da obra ... É iso.