Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A voltas con Shakespeare

Repaso cómico da historia do gran autor teatral William Shakespeare. Revivirase a historia de Romeo e Xulieta, Hamlet, Macbeth, O mercader de Venecia,... ao tempo que se achega á xente ao teatro como ferramenta de lectura, pois non é só para velo, senón que tamén podemos gozar del lendo.

 

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.

Galego

Constelaciones

O novo dramaturgo británico Nick Payne deu o gran salto ao West End londinense (e despois a New York) con Constelaciones, obra pola que mececeu a nominación aos premios Olivier.
Nick Payne explora o amor, a amizade e a noción do libre albedrío no contexto da física cuántica…

Roland (Fran Calvo) e Marianne (Inma Cuevas), apicultor e física cuántica respectivamente, coñécense durante unha barbacoa e comezan unha relación… Constelaciones está inspirada na idea do "multiverso", a teoría de que o noso universo é só un entre os moitos que existen… 

Galego

Té con Kant

Texto, dirección e creación: María Caparrini e Marta Pérez.
Interpretación: Marta Pérez e María Roja.
Creación gráfica: María Roja.
Científico: Xosé Manuel Esperante.
Fotografía: Ángel Sousa. Berio Molina. Leonor Sangabriel.
Edición de vídeo: Ángel Sousa. Marcela Ceballos.
Vestiario: Centro Dramático Galego.
Música: Mozart. Alféizar.
Maquillaxe: Inversa Teatro.
Produción: Inversa Teatro

Galego

Chove!

O abrigo dos paraugas, brincar nas pozas... que divertida é a choiva! Este espectáculo pensado para a primeira infancia xira ao redor da chuvia e axuda a descubrir aos máis pequenos e pequenas todas as cousas fermosas que son causa dela: a herba, as árbores, flores, as hortas, alimentos, as paisaxes verdes etc.

A través de xogos, bailes e enredos ensínaselle a este público tan novo a cantidade de cousas trae a choiva, antes e despois de que veña ou marche.

Galego

Merenda de libros

Merenda de libros é un cabaré infantil, e familiar, no que tres persoas adultas que en ningún momento pretenden facer de nenos, senón que simplemente tentan divertirse coma nenos, se poñen a merendar textos…

Galego

4 Tempos

Actriz .................... Iría Acevedo
Manipulación........ Guillerme Cancelo
 
Espectáculo musical de 30 minutos  para bebés de 6 meses a 4 anos. A actividade consta de dúas representacións consecutivas.
 
SINOPSE: Poética e divertida viaxe escénica a través das distintas estacións do ano. Espectáculo pensado para os mais pequenos e pequenas, a través de elementos moi sinxelos para que participen nos grandes cambios e transformacións que se producen no inverno, outono, primavera e verán.
 

 

 

 

Galego

Valentino Rufini e Àkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)

Século XVIII. Italia. O cabaleiro Valentino Rufini de regreso á súa casa en Milán é abandonado polo seu criado, que lle marcha cos cartos. Só, carregando co seu baúl de viaxe, e coa faldriqueira baleira, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasa a carruaxe a Milán. No mesmo lugar decide tamén pasar a noite Danniello Pillabán, a quen a súa ama deixou composto, sen cartos e cun baúl cheo de traxes de señora ostentosa vida a menos. Ambos os dous coñeceranse e compartirán a noite, e con ela, desexos, sospeitas e medos, mentres agardan a que de mañá pase a carruaxe.

Galego

O método Grönholm

Autor: Jordi Galcerán

Dirección: Xulio Lago

Elenco:

Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo

O método Grönholm é un xogo, si. Un xogo constante entre verdades e mentiras. Tal vez, un xogo un pouco perverso, pois as  emocións e os sentimentos das personaxes son manipulados  e sacudidos sen pudor nin compaixón algunha. Algo que resulta escandalosamente normal na sociedade contemporánea.

Galego

O principio de Arquímedes

Sobre a figura dun adestrador de natación con alumnos infantís, recae a sospeita, manifestada polos pais dos rapaces, de que puidera tratarse dun pederasta.

A sospeita, medra pouco a pouco e alimenta o medo, esa sombra negra que, ao que parece, xa se converteu en presenza inevitable na nosa sociedade.

Galego

Pitusa Semifusa

Con instrumentos de xoguete, Xiana Lastra, caracterizada de Pitusa Semifusa; Olga Brañas, caracterizada da súa avoa directora de orquestra; e Sérgio Tannus como o seu irmán Xabier, irán explicándolles á xente nova aspectos dos instrumentos musicais e da familia á que pertence cada un.

Todo a través nun espectáculo participativo e teatral para cos pequechos e con algunha coreografía sinxela para pasalo en grande. 

Este espectáculo forma parte da programación de Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro