Caperucita en el desván
Flora é unha actriz que conta os contos de sempre, pero dun modo moi especial. Desta quenta, toca a historia de Carapuchiña. Os nenos e nenas, a partir dos tres anos de idade deben estar moi atentos porque...
Flora é unha actriz que conta os contos de sempre, pero dun modo moi especial. Desta quenta, toca a historia de Carapuchiña. Os nenos e nenas, a partir dos tres anos de idade deben estar moi atentos porque...
Autores estranxeiros seducidos polo seu enxeño e pola súa técnica, así como pola construción das personaxes, tomárona como referencia para títulos tales como Jodelet ou le maître valet de Scarron estreada en París en 1643, ou The man's the master de Davenant , a súa herdeira en lingua inglesa.
Espectáculo flamenco de formato esencial do bailaor Israel Galván, con asesoría artística de Pedro G. Romero, que consiste na inmersión dun bailaor coma el (merecedor do Premio Nacional de Danza 2005 na modalidade de Creación “pola súa capacidade de xerar nunha arte coma o flamenco unha nova creación sen esquecer as verdadeiras raíces”), nos canons establecidos na Idade de Ouro do Flamenco – ese período que vai do último terzo do século XIX ao primeiro terzo do século XX -representada pola guitarra de Alfredo Lagos.
Teatro Ghazafelhos aterran en Lugo con esta pequena adaptación de teatro de tres contos da colección A igualdade de Edicións Émbora. Recreando unhas personaxes imaxinarias, fálannos de Flora e o seu segredo, da urna dos desexos e do país dos mandóns. Contos que convidan a sentirnos iguais dende as nosas diferencias.
Na celebración do día de Rosalía o grupo de Teatro Kepler achega á vila do Rosal esta representación.
Rosalía, el reencuentro, é unha fermosa representación teatral de fragmentos poéticos de Rosalía de Castro. Transpórtase ao público a aqueles anos de loita, inxustizas e penas. Trátase de conseguir transmitir dun xeito apaixonado o sentimento duns antepados fóra da nosa terra. Os actores consiguen meterse dentro dos versos de Rosalía, dándolle vida os seus pensamentos.
Vilalba volve a acoller durante os dous últimos sábados de febreiro e un sábado de marzo esta mostra de teatro, que xa chega a súa edición número dezaseis. Durante estes tres sábados poderase gozar de funcións de balde e aptas para todos os públicos:
Do píldaro a cubana, a cargo da Escola Municipal de Teatro da Pontenova o día 21 de febreiro.
Cometa, cometa, a cargo da Escola Municipal de Teatro de Vilalba, o día 28 de febreiro.
Enemasuno e Abran paso! representan a obra de Esther Movilla.
O prezo da entrada en Ourense serán 5€ que se destinarán integramente a Autismo Ourense.
A entrada en Barbadás é de balde hai unha hucha para recoller donativos para ADO Ourense.
Sandokan é un vendedor ambulante que ofrece diferentes produtos sobre un bus do Transantiago. Pero Sandokan está atravesado polo único relato posible para o seu corpo; o dun neno abusado, por sacerdotes e empresarios de diferente tipo, para logo ser recluído no Sename, lugar onde é violentado e corrompido irrevogablemente. El precisa vender para subsistir; aínda que para iso debe narrar e expoñer de xeito inevitable a súa biografía para poder ter acceso.
Mis documentos é un ciclo de conferencias performáticas onde artistas de distintas disciplinas presentan unha investigación persoal, unha experiencia radical, unha historia que os obsesiona secretamente. Mis documentos é un ciclo cun formato mínimo: o artista en escena cos seus documentos. Unha forma de facer visibles esas investigacións que ás veces se perden nunha carpeta sen nome no ordenador.
Mis documentos é un ciclo de conferencias performáticas onde artistas de distintas disciplinas presentan unha investigación, un diario ou un relato acompañados de fotos filmacións, gravacións… que se estrea por primeira vez en Europa.