Juanita Calamidad ven a ser unha especie de anti Yerma, unha mestra da marcha atrás, reacia á maternidade e a calquera cousa que conleve compromiso. Unha eterna Campanilla, que vive ao límite que pon en cuestión a noción do xénero e que non é casta, abnegada nin sumisa. Vive o presente e non fai ascos a ningunha festa.
Un día, resacosa, escoita unha voz que lle aconsella un pouco de sensatez. Xa vai tendo anos e é hora de cambiar. Esa noite pecha todos os bares, é detida por escándalo público e termina no calabozo, onde a súa sorte cambia para sempre.