Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Elemental

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 ofrece esta obra creada e interpretada polo divulgador científico Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández. Este "piano-bar periódico" mestura a música do piano con stand-up, teatro, cancións, humor e un chisco de drama para contar as historias agochadas na táboa periódica dos elementos. Cal foi a contribución galega á Pedra Rosetta da química?

"Elemental" estreouse en 2019 en Naukas Bilbao, o maior festival de divulgación científica de España.

Galego

O musical?

Espectáculo de rúa onde a interacción co púlico é continua e permanente. Todo está preparado para a interpretación dun "gran musical" levado a cabo por Pedro Brandariz, pero comezan a suceder unha serie de feitos inesperados que levarán a "gran cita" ao traste.

Durante a función aparecen diferentes personaxes que provocan unha chea de situacións cómicas e irientes

Galego

Muiñada

Elenco: Tone Martínez e Alba Bermúdez

Muiñada conta a historia de Sabela e Xacobe, que, por un malentendido coa quenda, se atopan nun muíño de auga. Ao ver que os dous non poden moer ao mesmo tempo, comezan unha discusión na que o xogo, as lendas, a tradición e a música farán que os cativos e os que non o son tanto se acheguen a un edificio que foi fundamental para a Galicia: o muíño de auga.

Galego

Desconcerto

DESCONCERTO é un espectáculo cómico sobre a música culta posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi.

Os nosos protagonistas aparecen, por accidente, no escenario dun concerto de música culta. Coa orquestra a piques de comezar o repertorio e o público preparado para gozar co recital, vense na obriga de facerse pasar por reputados músicos para saír da situación. Curiosamente, a partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando non sen diversos atrancos cómicos.

Galego

Dragón medieval

MANUEL CASTRO LIMA

FAUSTO DOMINGUEZ CAMAÑO

MARÍA BARREIRO MUÑOZ

FRANCISCO JAVIER FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ

MANUEL PRESAS RÚA

VERÓNICA BENITEZ COELLO

JUAN CARLOS FERNÁNDEZ LORENZO

SERGIO PRADO

 

-       1 Dragón feito de globos de 20 metros de longo e 4 metros de alto, levado por 8 animadores caracterizados de cruzados medievales.

-       1 Princesa guerreira.

-       1 Cabaleiro con armadura e escudo.

Galego

"Elemental"

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 ofrece esta obra creada e interpretada polo divulgador científico Manuel Vicente, o actor César Goldi e o pianista Juanjo Fernández. Este "piano-bar periódico" mestura a música do piano con stand-up, teatro, cancións, humor e un chisco de drama para contar as historias agochadas na táboa periódica dos elementos. Cal foi a contribución galega á Pedra Rosetta da química?

"Elemental" estreouse en 2019 en Naukas Bilbao, o maior festival de divulgación científica de España.

Galego

Os Romeiros do caracol

San Andrés de Teixido é un dos santuarios máis importantes de Galicia pola súa riqueza ritual é folclórica e é por iso que lle prestaron atención moitos etnógrafos e estudosos recoñecidos como Xoana Torres, Fernández del Riego e o homenaxeado no 2019 co día das Letras Galegas Antonio Fraguas Fraguas. Na súa monumental obra Romarías e Santuarios de Galicia Fraguas dedica o capítulo máis extenso a describir, con pormenor, a peregrinación a Santo Andrés de Teixido: os ritos, as cancións, as lendas e o santuario.

Galego

Pinocchio

Adaptación libre da obra de por Pepablo Patinho
Teatro Ghazafelhos xunto con Paty Lesta e Cristian Leggiero deciden contarnos a historia de Pinocchio. Este títere universal que nos enche de risa e emoción e agacha un segredo no seu corazón de bidueiro.
Cunha posta en escena que combina os títeres, teatro actoral e música en directo abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de humor e sensibilidade.

Elenco: Cristian Leggiero, Paty Lesta, Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro