Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Kingdom. Traxedias históricas de Shakespeare

Os dramas históricos de Shakespeare, ese percorrido entre Ricardo II ata Ricardo III, pasando por Enrique IV, V, VI? e quizais todo o que se redescubra de novo, forman unha serie de sucesos máis ou menos fidedignos que abarcan un período importante de guerras civís en Inglaterra. É fermoso que alguén che explique un conto. Un interprétao e alguén o volverá a interpretar e así ata unha infinita cadea de fantasías, ilusións, traumas, soños? que volverán escribir o noso imaxinario, agora xa profundamente inmerso na era dixital.

Galego

GOLFA | Primera Toma -Crémilo

Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que di “GOLFA”, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede.Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tería relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran.

Galego

Rif (de piojos y gas mostaza) | Centro Dramático Nacional, Micomicón e Apriori

Os nosos protagonistas son tres soldados do exército español que se atopan nas terras do Rif despois do Desastre de Annual, ocorrido o 21 de xullo de 1921. Son tres soldados que representan aos miles de mozos españois que foron arrincados dos seus fogares e aos miles de rifeños que se viron obrigados a loitar no lado español para mitigar a súa fame e a súa miseria.

Galego

CUBO

C U B O é un espectáculo de teatro de movemento para público infantil e familiar. En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. C U B O fala do confinamento, da amizade, das separacións e da aventura de medrar. 

Elenco:María Torres e Gonçalo Guerreiro.

Galego

Continente María

Esta montaxe pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, achegándoa ao público, á vez que se vale da súa figura para falar da propia condición dos artistas nun mundo en continuo cambio, analizando escenicamente as nosas contradicións como país e como sociedade.

Galego

Shock 2. La tormenta y la guerra

Shock 2 empeza onde acabou Shock 1, que iniciaba co auxe da doutrina monetarista de Milton Friedman e os seus Chicago Boys, e que continúa avanzando a través da 2ª metade do século XX. Shock 2 comeza nos anos 80, coa revolución conservadora capitaneada en Europa por Margaret Thatcher e en EEUU por Ronald Reagan e culmina no primeiro gran shock do século XXI: a guerra de Iraq, guerra da que fomos partícipes.

Galego

O deus do pop - Diego Anido

Tras 25 anos de creación contemporánea Diego Anido presenta unha autobiografía de carácter fantástico a medio camiño entre a súa vida na Galicia dos 80 e a dunha estrela do pop americana. Desde a tenrura e o humor absurdo reflexiona sobre como cada persoa creamos un relato para conformar a nosa identidade coas nosas vivencias pasadas e desexos futuros.

Galego

Celestina, la tragicomedia

La Celestina escríbese durante o reinado dos Reis Católicos, en pleno cambio de época histórica, cando a Idade Media dá paso ao Renacemento con todas as transformacións políticas, sociais e económicas que conleva. Con esta obra iníciase o Século de Ouro, de feito a Traxicomedia que contén un engadido notable ao texto da Comedia inicial. Publícase a comezos do século XVI. Trátase da segunda obra literaria en importancia escrita en lingua castelá, tras o Quixote, e por tanto o cume da nosa literatura dramática.

Galego

As que limpan

Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.

Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro