Los Pazos de Ulloa
No centenario da morte da escritora Emilia Pardo Bazán, Secuencia 3 presenta a adaptación teatral da súa novela " Os Pazos de Ulloa" asinada polo dramaturgo Eduardo Galán, baixo a dirección dunha das mellores directoras do noso país, Helena Pimenta, e cun reparto de luxo con Pere Ponce, Marcial Álvarez e Olivia Molina como cabeza de cartel.

