“Comando Comadres”, Matrioshka Teatro
Comando Comadres é un espectáculo en clave de humor de Matrioshka Teatro, baixo a dirección de Gena Baamonde, e coa interpretación das actrices Chelo do Rejo, Mª Ángeles Iglesias e Anabell Gago.
Un grupo de “artivistas” organizadas en diferentes comandos pon en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual. Ao longo do mes de marzo, Mes da Muller, esta obra percorrerá 4 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Muros, A Pobra do Caramiñal, Monforte de Lemos e Teo.

