Amantis
Amantis indaga en como as redes sociais, o selfie e o sexting inflúen na creación da propia identidade. Conta a historia de M., un adolescente de barrio obreiro que quere ser influencer. Nese camiño topará coas trampas dun universo intangible no que non todo é o que parece e no que el mesmo terá que descubrir quen é.

