Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cortar, coser e cantar: o refulxente cinema de Elena Duque

Pequena escolma de cabeceiras (2016-2025) 4 min.

Unha escolma de cabeceiras animadas realizadas para festivais e institucións culturais como (S8) Mostra de Cinema Periférico, Filmadrid, Novos Cinemas, Filmoteca de Cataluña e Zumzeig.

Mountain Fires - The Mining Co. (2017). 3 min.

Videoclip.

I´m Not You Will - Los Jaguares de la Bahía. (2017). 3 min.

Videoclip.

Cómo hacer un fanzine (2010) 2 min.

Galego

Por arte de maxia: a animación experimental segundo Elena Duque

Esta sesión, introdución ás influencias e ao universo creativo de Elena Duque, componse dunha conferencia ilustrada e dunha serie de películas que a influíron, acompañaron e alentaron no seu camiño. Veremos películas centradas nas formas creativas da colaxe animada, con pinceladas de flicker, rotoscopia e mesmo incursións costeiras. E coñeceremos os seus segredos, trucos e investigacións: todo o que sempre quixo saber sobre animación experimental e nunca se atreveu a preguntar.

 

CONFERENCIA ILUSTRADA por Elena Duque. 45 min.

Galego

Blue Moon

Segundo biopic atípico de Linklater no mesmo ano, centrado na figura do letrista Lorenz Hart, creador de temas como My Funny Valentine ou o Blue Moon do título, convertidos en clásicos do cancioneiro popular norteamericano. É a noite do 31 de marzo de 1943. Mentres o seu excompañeiro Richard Rodgers goza da gala de estrea do seu musical Oklahoma!, un Hart abatido, que se sente fóra de onda e irrelevante no artístico, acode antes de que remate o espectáculo ao bar Sardi’s, onde se celebrará a festa da premiere.

Galego

As muletas + Quizáis un home!

O filme As muletas, como o seu título, é unha homenaxe a un poema do dramaturgo alemán de entreguerras Bertolt Brecht, no que expresa a dificultade da vida se precisas dunhas muletas para recorrela e a importancia de desfacerse delas. Os e as protagonistas desta historia están dotados desas “muletas” e non saben como desfacerse delas. A curtametraxe expresa a desolación de quen non pode vivir sen esas próteses e como o esforzo por liberarse delas pode acabar coa túa propia vida.

Galego

Katzelmacher

Jorgos, un inmigrante grego, únese a un grupo de mozos que polo xeral perden o tempo. Este estranxeiro esperta a hostilidade e os celos entre eles, e é insultado como “un comunista” e “o can grego”. Tras ser atacado, Jorgos confésalle a María o seu desexo de volver á casa.

Galego

O camiño de Cova Eirós

En 2012, un grupo de arqueólogos descubre as primeiras pinturas rupestres de Galicia no interior da Cova de Eirós, nos Ancares lucenses. Este documental retrata a súa labor ao longo de varios anos, achegándose ao traballo arqueolóxico dunha forma íntima e minuciosa como nunca antes se mostrara.

Galego

Nouvelle Vague

Segue as circunstancias da produción da mítica ópera prima de Jean-Luc Godard, Al final de la escapada, sen obsesionarse pola reconstrución da rodaxe secuencia a secuencia, nin caer nas trampas do biopic haxiográfico. Cun punto didáctico, pero nunca enciclopédico, ante todo Nouvelle Vague é o retrato dunha xeración de cineastas que cambiou a sétima arte con altas doses de traballo duro e paixón.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual