Sesión 4. Comunicacións na diáspora, interxeracións
Cienfuegos 1913 (Margarita Ledo, Belkis Vega, 2008, 8 min)
Este documental con vontade experimental está abordado como un exercicio de correspondencia que comeza cando a directora galega lle pide á cubana que filme a cidade natal de súa nai. Vega responde cun retrato que incorpora imaxes actuais e antigas de Cienfuegos. Na segunda parte da peza, Ledo realiza unha exploración da súa casa familiar, na Terra Cha.

