Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Un mar de mulleres

Un mar de mulleres é un documental que visibiliza o papel das mulleres galegas no sector pesqueiro e na transformación de peixe, destacando a súa participación laboral, a fenda salarial de xénero e os cambios nas condicións de traballo entre o século XX e XXI. A través de entrevistas, amósase a importancia dos saberes tradicionais, o emprendemento feminino e a contribución das mulleres á modernización económica e á mellora da vida nas comunidades mariñeiras.

Galego

West Indies

O filme máis radical, ambicioso e operístico do mauritano Med Hondo. Para a súa produción reconstruíuse un navío escravista nunha fábrica abandonada de Citroën. Movéndose polo barco, a cámara traza en planos secuencia o devir das Indias Occidentais, escoitando diversos relatos orais de figuras históricas e anónimas, nun baile no que o vestiario e a dirección artística cambian en directo no set para se adecuar ao paso do tempo.

Galego

Banda sonora para un golpe de estado

Partindo da influencia dos músicos afroamericanos de jazz como embaixadores culturais dos Estados Unidos nos anos cincuenta e sesenta en África e Asia, Grimonprez monta a ritmo de hard bop unha intricada trama sobre os movementos de descolonización. Centra a súa atención no Congo como territorio de enfrontamento na Guerra Fría, o que derivou no asasinato do seu primeiro presidente como país libre, Patrice Lumumba, e sentou as bases do imperialismo moderno poscolonial.

Galego

Lumumba: La mort du prophète

Documental sobre o político congolés Patrice Lumumba, primeiro presidente do Congo tras a súa independencia de Bélxica en 1960. O filme retrata o contexto da descolonización e indaga nas circunstancias que levaron ao asasinato do líder, nun complot armado entre forzas belgas e a CIA, que non querían un comunista no poder dun dos países máis ricos do mundo en materias primas estratéxicas. Construído a través de lembranzas, material de arquivo, entrevistas e filmacións nas rúas de Bélxica. Un dos documentais máis aclamados do prestixioso realizador haitiano Raoul Peck.

Galego

Manas

Manas conta a historia de Marcielle, unha nena de 13 anos da Illa de Marajó, que non logra ser escoitada nun mundo que silencia a violencia contra mulleres e nenas. Demasiado pronto, esperta ás dores que atravesan á súa familia desde hai xeracións. Cando Tielle decide tomar as rendas do seu propio destino, cambia para sempre a maquinaria da realidade que lle foi imposta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual