Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Racconto

O encontro e desencontro romántico entre unha modelo aristocrática e un actor é narrado de maneira complementaria por tres personaxes distintos e por ela mesma. Esa multiplicidade de puntos de vista enriquece a historia con varias capas sucesivas compostas por detalles do cotián e caracterización. O resultado é unha estrutura similar á dunha arañeira (aínda que sen as connotacións ominosas): no centro, o lugar máis definido e mellor cercado, está Ana; ao seu redor, os personaxes máis próximos a ela, que son os tres narradores.

Galego

Nosotros no envejeceremos juntos

Con aspereza, sen piedade nin sentimentalismos, Pialat filma a crónica da degradación dunha parella. Un director de cine airado e violento, Jean, e Catherine, unha muller chea de neuras e comportamentos infantís, trazan arrebatos, enfados, promesas e reconciliacións nunha historia de amor que se resiste á súa disolución. Premio de interpretación para o actor Jean Yanne en Cannes 1972, nova mostra da habilidade do director para o traballo cos intérpretes.

Galego

Rapa

O cabalo galego de monte está a desaparecer, só unhas poucas bestas resisten acosadas polos bandidos, os lobos... e agora tamén polos parques eólicos. Ao seu carón, a pequena aldea de Sabucedo preserva algo único: un vínculo ancestral e íntimo cos cabalos salvaxes. Unha vez ao ano a aldea celebra a “Rapa das Bestas" e 15.000 persoas acoden a presenciar o atávico, os veciños cortando as crinas dos cabalos nun enfrontamento corpo a corpo. Cando todos marchan, ninguén ve a realidade detrás da rapa: cada ano hai menos bestas no monte e –coma nun espello– menos xente na aldea.

Galego

Los venerables todos

Ismael, o integrante máis inestable e débil de carácter dun suposto grupo de conspiradores con aspiracións de poder, sofre constantemente as burlas e o menosprezo do líder do mesmo e os seus outros compañeiros. Todo cambia cando unha muller da que Ismael está namorado empeza a internarse nas lóxicas macabras do grupo.

Galego

Los inundados

A auga de Los inundados é auga de río, dun río cotián do litoral arxentino que é todo menos paisaxe estética, en cuxas costas viven varias familias de escasos recursos que deben trasladarse logo dunha crecida.

Galego

¡Ufa con el sexo!

Exemplo de cinema maldito, grazas ao veredicto descualificatorio da Junta Nacional de Cinematografía que inhibiu a película para a súa proxección, Ufa con el sexo talvez sexa a película máis desenfadada de Kuhn, cun sentido do humor sardónico que leva todos os prexuízos por diante.

Galego

La infancia desnuda

Primeira longametraxe de Pialat e na que xa amosa a súa persoal perspectiva, un retrato sen disimulos da infancia, observada sen nostalxia nin idealización a través do relato da vida de François, un neno de dez anos que pasa por distintos fogares logo de ser abandonado e confiado aos servizos sociais e que por momentos parece unha copia da nenez demoledora que soportou Jean Genet. Desgarrado e complexo filme que moitos decidiron confrontar a Los cuatrocientos golpes, pese a que o mesmo Truffaut -ao igual que Claude Berri- colaborou na produción desta pertinente ópera prima.

Galego

Los hijos de Fierro

Paráfrase do poema Martín Fierro interpretado en termos histórico-políticos e situado na época contemporánea. Intento de reconstruír desde a historia oral a epopea protagonizada polo pobo arxentino desde a perda da súa soberanía (1955) ata a reconquista da mesma (1973). Historia, mito e realidade fundidas nunha parábola crítica que transcende calquera cronoloxía, para expresar as vicisitudes e os anhelos de liberación do pobo arxentino na maior parte do que vai de século.

Galego

Este es el romance del Aniceto y la Francisca, de cómo quedó trunco, comenzó la tristeza y unas pocas cosas más...

É a historia dunha sedución e namoramento entre dúas persoas de aldea, na provincia de Mendoza: Aniceto (Luppi) e Francisca (Elsa Daniel), unha moza "decente" e doce, a "santita" do Aniceto. Pero Aniceto tamén seduce e é seducido por Lucía (María Vaner), apaixonada, sexual, a "putita" de Aniceto. As dúas mulleres enfrontaranse como nunha rifa de galos (Aniceto é “gallero”). Cando o romance con Lucía rompe por decisión dela, Aniceto queda só e comeza a darse conta do que perdeu.

Galego

A la deriva

A principios dos anos 2000, en China, Qiaoqiao e Bin viven un amor apaixonado pero fráxil, cantando, bailando e gozando de todo o que a cidade de Datong lles pode ofrecer. Mais un día Bin decide probar sorte noutra provincia máis grande e marcha sen avisar nin deixar rastro. Tempo despois, Qiaoqiao decide emprender unha viaxe para tratar de localizalo.

Unha epopea amorosa que atravesa varias décadas nun país cambiante e en constante ebulición.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual