CICLO DE CINE COLEXIOS MAIORES
CINE FORUM COLEXIOS MAIORES DE SANTIAGO: Longametraxes dirixidas por mulleres.
Visionado e análise de 4 longametraxes dirixidas por mulleres.
Actividade formativa que combina o cinema coa reflexión crítica.

CINE FORUM COLEXIOS MAIORES DE SANTIAGO: Longametraxes dirixidas por mulleres.
Visionado e análise de 4 longametraxes dirixidas por mulleres.
Actividade formativa que combina o cinema coa reflexión crítica.
O primeiro ciclo que teremos este ano, será de cine Colombiano, en colaboración coa Embaixada de Colombia en España.
Este Xóves día 9 ás 20:00 no Auditorio da Illa de Arousa, proxectaremos o filme JERICÓ, EL INFINITO VUELO DE LOS DIAS.
A través dun itinerario sensible e musical tecécense encontros e conversas entre as mulleres de Jericó, en Antiquia, Colombia, de diferentes idades e condicións sociais. Unha a unha vanse revelando as súas historias de vida, os seus espazos interiores, o seu sentido do humor e a súa sabedoría.
Para esta noite de Halloween, no Cine Clube Tui, temos unha película de zombis xaponesa, na que nada é como parece. Unha producción de terror de baixo orzamento convírtese nun verdadeiro inferno cando zombies reais irrumpen na rodaxe. Ou alomenos eso parece. Nesta intelixente cinta sobre cinema no cinema, tras un disfraz de película de serie B escóndese un canto á paixón da xente que intenta facer cine contra toda adversidade, quen non compromete a visión artística sen importar o valor que os demáis lle dean ó producto final. Todo iso, con zombis e unha boa dose de horror e risas.
One Cut of the Dead é unha película de zombis, como nunca viches. Para esta sesión de Halloween do cine-clube decidimos optar polos zombis xaponeses máis aloucados, nunha cinta na que a grabación dunha película de terror convírtese nunha pesadilla verdadeira. Unha divertidísima ficción na que todo o que sucede pretende enganarte, unha intelixente comedia disfrazada de película de horror de serie B, que despóis dunha primeira media hora predecible, vólvese do revés e non deixa de sorprender.
Entrada xeral de 4,5€ , Entrada para socios de 2€.
Proxección inaugural do Cine Club Tui, entrada de balde ata completar aforo.
Un clásico de Woody Allen. A fantástica historia da personaxe dunha película da era dourada de hollywood, que sae da pantalla tras enamorarse dunha Mia Farrow do mundo real, en medio da grande depresión Americana, serve para falar da nosa relación coa grande ilusión do cine e a nosa necesidade de vivir, por un par de horas, no mundo imaxinario do cinema.
Unha película perfecta para arrancar o noso proxecto de Cine Club.
Durante a reconversión naval de Ferrolterra, mentres os estaleiros loitaban por sobrevivir, as mulleres sostiveron a vida nas casas, nas mobilizacións e na memoria colectiva.
Mulleres da Reconversión recupera as súas historias e devolve ao presente unha parte da historia que durante décadas quedou sen contarse.
PRESENTACIÓN DA REVISTA 'FANTASMA MATERIAL', SEGUIDA DE PROXECCIÓN.
Na Roma da posguerra, dous nenos traballan de limpabotas para gañar a vida, á vez que protagonizan pequenos furtos, intentando non ser atrapados pola policía. Soñan con mercar un cabalo cos cartos aforrados.
A idea de A viaxe de Petersburgo a Moscova nace da novela homónima de Alexander Radíshchev publicada en 1790, unha protesta literaria contra a opresión. Considerado perigoso, Radíshchev foi condenado inicialmente a morte por Catarina II e posteriormente desterrado a Siberia. Na Unión Soviética, a súa crítica das condicións do tsarismo foi asumida como un dos fundamentos do pensamento socialista.
Nunha sociedade futura na que a humanidade desdeñou a capacidade de soñar a cambio de vivir eternamente, uns poucos individuos con características especiais, coñecidos como ‘delirantes’, insisten en facelo, a pesar de estar perseguido pola lei. Unha dotada detective mergúllase nos soños dun destes resistentes para intentar desentrañar o misterio que os une e traer a estes rebeldes ante a xustiza.