Proxección audiovisual

My Stuff. O imprescindible para vivir
O CGAC incorpórase á rede de institucións que participan na iniciativa 'O Documental do Mes" da productora Parallel 40 coa programación de cinco documentais.
Este programa ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas e en espazos culturais.
Argumento
Proxección de cinema mudo con subtítulos en galego
Amencer (Sunrise: A song of two humans), dir. F. W. Murnau (1927). Dur. 94 min. Un labrador convive felizmente no campo coa súa muller. Pero a aparición dunha seductora muller da cidade fai que comece a namorarse desta e a pensar que a súa muller é un estorbo que se interpón na felicidade entre el e a súa nova e sofisticada amante. Presentación e posterior debate moderado por Ana Martín Fernández (estudante de Historia da Arte).
Entrada libre ata completar capacidade da sala.
Fire in the Blood
Organizado por Médicos sen Fronteiras. Logo da proxección do documental Fire in the Blood haberá un coloquio no que participarán un expatriado/a de Médicos sen Fronteiras con experiencia no terreo e a xornalista Mariluz Ferreiro.
Access to the Danger Zone
O CGAC acolle este ciclo que se inclúe na programación 'Santiago sen fronteiras' que organiza Médicos sen Fronteiras. Logo da proxección do documental Access to the Danger Zone hai un coloquio no que participarán un expatriado/a de Médicos sen Fronteiras con experiencia no terreo e un representante da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 455
- 456
- 457
- 458
- 459
- 460
- 461
- 462
- 463