Father Mother Sister Brother
Filme composto por diversas curtametraxes en torno a unha mesma temática, como xa acontecera noutros filmes de antoloxía de Jarmusch, nomeadamente Noche en la tierra (1991) e Café y cigarrillos (2003).

Filme composto por diversas curtametraxes en torno a unha mesma temática, como xa acontecera noutros filmes de antoloxía de Jarmusch, nomeadamente Noche en la tierra (1991) e Café y cigarrillos (2003).
Comezos dos oitenta nunha pequena poboación no deserto chileno que vive dunha explotación mineira próxima. Circula unha descoñecida enfermidade que está a acabar coa vida de varias persoas e que, dise na vila, provén dunha casa rexentada por unha comunidade de mulleres transxénero. Na boca dos traballadores circula a lenda de que esta peste se transmite pola simple mirada entre dous homes cando namoran. Nestas circunstancias, Lidia, unha adolescente que habita nesta casa, medra afrontando este estigma.
Caminero. O xeneral que intentou evitar unha guerra (2025) 14 min. VO galego
Pola aldea de San Ciprián de Hermisende (Zamora) pasou en xullo de 1936 o xeneral Juan García Gómez Caminero. Fora enviado polo Goberno da República para intentar evitar o levantamento dos cuarteis do Noroeste de España. Non conseguiu o obxectivo. Tivo que pasar a Portugal para volver a Madrid. Os veciños quedaron convencidos de que era un covarde que fuxía da "queima".
A menina que vía homes encadeados (2021) 11 min. VO galego
O tímido Colin perde o control cando aparece Ray na súa vida, un atractivo moteiro co que comeza unha relación de dominado sexual con prácticas BDSM. Atípica, endiañada e pícara comedia cun ritmo que atrapa. Un dos grandes filmes queer de 2025, principalmente por un estilo fresco e o magnetismo que desprende Alexander Skarsgård.
Cando un escándalo que involucra a varias estudantes estala nunha universidade feminina, Jeonim, artista e profesora no centro, pide como favor ao seu tío Sieon, actor e director teatral retirado, que dirixa unha peza para o festival do seu departamento. Este acepta encantado, motivado por un recordo de mocidade vivido nese lugar. Mentres avanzan os ensaios, Sieon empeza a sentirse atraído pola profesora Jeong, colega de Jeonim, á vez que esta atopa nas acuarelas e nos seus paseos matutinos xunto ao arroio unha forma perfecta de observar e comprender o segredo da súa corrente.
En Misericordia, Jérémie regresa á súa vila natal para asistir ao funeral de Jean-Pierre, un antigo xefe seu. Decidiu quedar uns días en casa de Martine, a súa viúva. Pero unha misteriosa desaparición, un veciño ameazante e un estraño sacerdote van facer que a breve e tranquila estancia de Jérémie en Saint-Martial tome un xiro inesperado.
César Morán é un profesor de Lingua xubilado que hai 50 anos intentou facer carreira como cantautor. A vida non lle permitiu facelo. Non puido vivir da música, pero conseguiu algo máis importante: vivir sempre preto dela. Agora, con 70 anos, vai gravar o seu primeiro disco de cancións con músicas e letras propias.
Los ilusos 13+13 é un filme sobre o desexo de facer cine, ou sobre o que fan algúns cineastas cando non fan cine; sobre perder o tempo e o tempo perdido; sobre conversas, bebedeiras, comidas e rutinas; sobre os paseos ao saír do cine; sobre estar namorado; sobre estar só e estar con amigos, construíndo futuros recordos para unha película futura.
Peter Hujar foi unha figura clave da cultura neoiorquina dos anos setenta e oitenta, recoñecido sobre todo polas súas fotografías en branco e negro para marcas de moda e revistas e por retratar sen ambaxes a comunidade queer.
O cineasta independente Ira Sachs toma unha conversa de 1974 descuberta hai pouco, gravada pola súa amiga escritora Linda Rosenkrantz, e ficcionaliza a súa transcrición. A conversa encapsula en poucos minutos a escena artística do Nova York deses anos, trazando as dificultades dun tipo como Hujar para se abrir paso e ser comprendido na mesma.
O verán de 2015 cumprín trinta anos. Vivía con amigues nunha okupa transfeminista en Toulouse, o TDB (Trou De Balle). O TDB era un lugar de referencia para a comunidade queer de diversos lugares do mundo. Sete anos despois de deixar de vivir alí, volvo para filmar o que queda daquela casa abandonada e os meus recordos en Fraga e Zaragoza.