Las amargas lágrimas de Petra von Kant
Petra von Kant é unha deseñadora de moda moi cotizada que se separou do seu home para vivir de maneira independente e libre. Un día unha amiga preséntalle unha moza de orixe proletaria da que namora tolamente.

Petra von Kant é unha deseñadora de moda moi cotizada que se separou do seu home para vivir de maneira independente e libre. Un día unha amiga preséntalle unha moza de orixe proletaria da que namora tolamente.
Caridad, unha directora de teatro cubana exiliada en Valencia, empéñase en montar unha obra sobre o éxodo de cubanos da Illa. Para iso proponse dialogar con mulleres e homes que, desde distintos confíns, lle contan as súas experiencias; todas, con risco para as súas vidas.
Con eses testemuños dialogados, proponse desenvolver unha posta dinámica en escena que nos leve á emoción, á dor e por momentos ata ó riso, porque ata nos peores momentos hai espazo para rir.
Hans Epp, cuxa nai négase a que se faga mecánico, enrólase na lexión estranxeira. Ao seu regreso, xa feito policía, perde o traballo por mor dunha prostituta. Obrigado a vender froita nos patios dos edificios, é a vergonza da súa familia. Irmgard, a súa muller, desprézao e atorméntao.
O Caderno FICBUEU #6, analiza, en diálogo cos cinco títulos que conforman a retrospectiva, a relación existente entre o concepto de exilio e o mundo da imaxe audiovisual. Este ensaio constrúese afondando nos procesos de busca e reflexión de dúas mulleres poetas e creadoras, a actriz María Luisa Elío e a filósofa María Zambrano. Ao mesmo tempo, analiza a forma en que determinadas autoras e autores asumen o proceso creativo, esencialmente, como unha vivencia.
En 2011, unha banda inexperta encérrase nun estudio por primeira vez impulsada pola urxencia e o entusiasmo. Película que documenta con material inédito a gravación do primeiro disco de The Buildings, que nunca chegou a publicarse.
Nun hotel de España, unha compañía de actores e técnicos espera a Jeff, o director, para iniciar a rodaxe de Patria ou morte, película que pretende denunciar a natureza represiva do Estado. Pouco a pouco vai xurdindo a violencia latente no grupo.
O Museo de Belas Artes da Coruña volve convocar este ciclo de cine, tras a boa acollida doas anos anteriores. Baixo o lema “Museos de Cine”, e co obxectivo de redescubrir as salas dos museos, as galerías de arte, a actividade que alí se realiza e o papel dos seus protagonistas, para así, ao través da mirada do autor, coñecer a tremoia que se esconde tras estas grandes e/o pequenas institucións culturais.
Esta é a programación pormenorizada:
8 de abril: Los crímenes en el Museo de Cera (EEUU 1953) 85 min.
15 de abril: Topkapi (EEUU 1964) 120 min.
Inicios dos anos 40 en Casablanca, Marrocos. Niño de espías, o heroe da resistencia Victor Laszlo intenta fuxir da Gestapo xunto coa súa parella Ilsa Lund. A súa única esperanza parece ser un antigo amante desta, un cínico expatriado americano que rexenta o Rick’s Café.
Recentemente saído do cárcere, Franz Walsch trata de encontrar o seu irmán para volver aos negocios con el. Pero descobre que foi asasinado polo seu amigo máis vello porque sospeitaba que era un delator. Cando Franz se atopa co asasino non sente rencor, só ledicia de velo.
Pequena escolma de cabeceiras (2016-2025) 4 min.
Unha escolma de cabeceiras animadas realizadas para festivais e institucións culturais como (S8) Mostra de Cinema Periférico, Filmadrid, Novos Cinemas, Filmoteca de Cataluña e Zumzeig.
Mountain Fires - The Mining Co. (2017). 3 min.
Videoclip.
I´m Not You Will - Los Jaguares de la Bahía. (2017). 3 min.
Videoclip.
Cómo hacer un fanzine (2010) 2 min.