Children of the Beehive
Un grupo de nenos sobrevive como pode no Xapón da posguerra a través do mercado negro. Cando se atopan cun soldado expatriado que vaga polo país, deciden unirse a el, co obxectivo de chegar a unha escola especial para orfos do conflito. O primeiro filme independente de Shimizu tras a súa marcha da Shochiku permitiulle facer unha fita de corte neorrealista na que non agocha ningunha das dificultadas que atravesaba a súa patria nesa altura.

