Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Forget Love for Now

Yuki traballa como anfitrioa nun bar de Yokohama para poder sustentar o seu fillo pequeno, Haru. Despois de que o seu xefe se negue a compartir os beneficios do local, Yuki vese obrigada a que a acompañe un supervisor, Kyosuke, contratado para asegurarse de que non cause máis problemas. Kyosuke queda conmovido tras coñecer a devoción que ten Yuki polo seu fillo, quen sofre o acoso dos seus compañeiros de escola. Unha das películas máis antigas do ciclo Shimizu rodaríaa principalmente en interiores, centrándose na melancolía dunha muller traballadora e a valentía dun neno.

 

Galego

Japanese Girls at the Harbor

Sunako e Dora, amigas dunha escola feminina en Yokohama, están namoradas de Henry, un mozo, que, coma elas, é metade xaponés. Deixando a Dora de lado, Henry empeza a prestarlle máis atención a Sunako, ata que comeza a involucrarse cunha cuadrilla de delincuentes e cunha muller chamada Sheridan Yoko. Aínda que Shimizu se faría internacionalmente coñecido polas súas películas sobre nenos cun toque documental, na década dos 30 axudou a formular o estilo moderno que tipificou as producións que saían do estudio de Shochiku Kamata.

Galego

Naves misteriosas

Un científico mantén nunha nave espacial un conxunto de espécimes de flora e fauna que funcionan como unha sorte de Arca de Noé logo de que a vida na Terra sexa xa só artificial e esas especies se extinguiran. Cando recibe ordes de destruír o bosque, a súa negativa enfróntao cos demais membros da tripulación.

Galego

Erased,___Ascent of the Invisible

A guerra do Líbano durou desde 1975 ata 1990 e custoulle a vida a 250.000 persoas. Aínda hai un número descoñecido de desaparecidos. As estimacións varían entre 2.000 e 10 veces esa cifra, pero tras a introdución dunha amnistía xeral, as autoridades non están dispostas a levar a cabo máis investigacións. Alguén que está disposto a facelo é o cineasta Ghassan Halwani. En Erased,___ Ascent of the Invisible, o seu primeiro documental, indaga en antigos arquivos, examina fotografías e realiza meticulosos debuxos de persoas.

Galego

A luz das ánimas

O Museo Etnográfico Liste de Vigo acolle a proxección do documental “A luz das ánimas” dirixido por Sergio Santos Otero e producido por Lembrame.gal.
En A luz das ánimas mergullámonos nunha viaxe por un universo de luces, voces, lembranzas e camiños que unen xeracións. É certo que se fala da morte, pero dunha morte que mantén vivos, a través da memoria, a aqueles que xa abandonaron este mundo. A peza pretende amosar, así, a forza das tradicións e da memoria colectiva galega.
Desenvolvemento:
 Presentación do documental a cargo de Gusi Domarco de Lembrame.gal

Galego

360 curvas

360 curvas marcan a distancia que separa A Fonsagrada de Lugo. Este camiño longo, difícil e descendente entre montañas reflicte o declive dun lugar que, a comezos dos anos 90, decidiu loitar pola súa supervivencia.

Galego

Yuki & Nina

Yuki, unha cativa de nove anos, descobre que seus pais se van separar. O pai é francés e a nai xaponesa. A idea é que Yuki vaia vivir a Xapón con súa nai, deixando atrás toda a súa vida en París, o que inclúe á súa amiga Nina. As dúas amigas farán plans para conseguir que os pais de Yuki volvan xuntos, mais a fuxida parece ser a única solución. Ambas ocultaranse no bosque. Obra mestra que mestura dous talentos distintos e suxestivos, o realismo baseado na presenza humana e as súas relacións do xaponés Nobuhiro Suwa e a capacidade onírica do actor francés Hippolyte Girardot.

 

Galego

Los cuatrocientos golpes

Un cativo de trece anos, Antoine Doinel, leva unha problemática vida co padrasto e coa nai. Doinel é un cativo soñador, inconformista, en parte asocial, que dificilmente atura o mundo familiar cheo de amargura. Unha mentira escolar faino meditar sobre a fuxida. Primeira (e mítica) película de Truffaut, un dos filmes que axudaron a construír a Nouvelle Vague. Comezouse a rodar un día antes da morte do seu mestre André Bazin, foi premiada en Cannes e tivo un importante éxito de público. Destacan as aparicións de Jeanne Moreau e Jean-Claude Brialy.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual