Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Te separas mucho

1989. Os pais de Paula sepáranse sendo ela unha nena. 2019. Ela sepárase de Joy logo dunha década de relación. Que teñen en común as dúas historias e como son diferentes?

Veleiro usa o seu arquivo doméstico –e o do seu proxenitor, adicto á cámara de vídeo, filmándoa a todas as horas– para ofrecer unha reflexión sobre a natureza deste tipo de imaxes en tanto que banco de recordos. Pero cando se están a filmar, como impactan no xeito de nos relacionar cos nosos seres queridos?

Galego

1983: a fábrica

Sexta e última das proxeccións dedicadas á empresa Espello Vídeo Cine. Proxéctanse tres vídeos industriais das empresas JEALSA, Estrella Galicia e GOA (xermolo de Inditex); filmados todos en 1983. O sector conserveiro, o cervexeiro e o téxtil; tres das actividades que seguen a xerar maior emprego en Galicia e que configuran de xeito imprescindible o noso tecido empresarial.

Tras o visionado, o produtor Xosé Xoán Cabanas Cao recordará estas filmacións e compartirá co público algunhas anécdotas sobre as mesmas.

Galego

Barren Illusions

Os mozos Haru (produtor musical) e Michi (traballadora nunha empresa de mensaxería) tentan soportar unha relación amorosa na sociedade distópica na que viven. Nela, os seres humanos son presa do fastío e incapaces de mostrar os seus verdadeiros sentimentos se non é por medio da violencia, a tolemia e o odio.

 

Foto ©Euro Space, The Film School of Tokyo

Galego

Encontro con Alfredo Ramos

O encontro con Alfredo Ramos, doutor en Ciencias Políticas pola UCM e autor do libro Perforar las masculinidades (Bellaterra Edicions, 2024), completa a dupla sesión do ciclo ‘Territorios mutantes’ cunha conversa que nos permitirá profundar sobre a súa proposta teórica ao redor das masculinidades contemporáneas, as súas fisuras e posibilidades de transformación. O diálogo servirá como punto de partida para reflexionar sobre como os modelos de xénero se constrúen, sosteñen e cuestionan.

Galego

Encontro con Gala Hernández López

Nesta primeira sesión do ciclo ‘Territorios mutantes’ abrimos un espazo de reflexión ao redor da representación do masculino na sociedade actual. Para iso, contaremos coa presenza da cineasta Gala Hernández López, cuxa obra explora as formas en que o xénero e a tecnoloxía configuran as nosas identidades. Tras a proxección das súas tres curtametraxes, nas que a autora combina o ensaio audiovisual, o arquivo dixital e a performance, manteremos unha conversa en profundidade para reflexionar sobre as masculinidades na era da internet.

Galego

1982-1983: o agro

Nova sesión do fondo de Espello Vídeo Cine, neste caso centrada na industria agraria en Galicia a inicios dos anos oitenta. Na primeira das pezas móstrase como era a formación das aspirantes a gandeiras nunha escola de Arzúa con sección feminina. Na segunda acompañamos un grupo de gandeiros nunha viaxe aos Países Baixos, patrocinada pola Deputación da Coruña, co obxectivo de comparar as explotacións neerlandesas coas galegas e tomar nota de posibles melloras a implementar de volta á casa.

 

Pezas:

Escola familiar agraria en Arzúa, sección feminina, 1983.

Galego

Bright Future

O enigmático Mamoru vive só coas súas velenosas medusas de cores, que pican a todo aquel que se achega demasiado. Yuji, un mozo emocionalmente inestable que traballa no mesmo sitio séntese fascinado por Mamoru. Así que cando este é arrestado, acusado de asasinar o seu xefe, Yuji encargarase das medusas e do pai de Mamoru, o que lle “abre os seus ollos” ao mundo real.

 

Foto ©"bright future"FILM PARTNERS

Galego

Charisma

Tras unha complicada intervención no rescate dun político que tiña como refén un demente, un fracasado detective adéntrase no bosque, onde coñecerá uns personaxes moi peculiares cos que debaterá o futuro dunha estraña árbore da zona.

 

Foto ©1999 Nikkatsu Corporation

Galego

Serpent’s Path

Despois de que a súa filla de 8 anos sexa raptada e asasinada, o yakuza Miyashita (Teruyaki Kagawa) busca vinganza. A el úneselle un misterioso personaxe (Sho Aikawa) co fin de axudalo.

 

Foto ©1998 Kadokawa Pictures

Galego

Eyes of the Spider

Nijima é un oficinista que un día atopa o responsable da brutal violación e asasinato da súa filla pequena. Tortúrao e mátao. Regresa á súa vida normal sentíndose apático e baleiro, ata que coñece unha banda de sicarios.

 

Foto ©1998 Kadokawa Pictures

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual