Pezqueñín, el pequeño aventurero
Versión castelán. Recomendado a partir de 8 anos.
Programa formado por seis curtametraxes que teñen como escenario o fondo mariño.

Versión castelán. Recomendado a partir de 8 anos.
Programa formado por seis curtametraxes que teñen como escenario o fondo mariño.
Terceira das proxeccións dedicada á empresa Espello Vídeo Cine, que nos anos oitenta documentou infinidade de eventos acaecidos en Galicia durante esa década. Centrámonos nas nosas tradicións e folclore a través da recuperación de tres pezas representativas destes temas.
Espello dedicou toda unha serie de reportaxes a eventos relixiosos e festas populares en diversas vilas de Galicia, varias delas guionizadas polo escritor Manuel Rivas. É o caso da peza sobre o santuario da Virxe da Barca, en Muxía, que abre esta sesión.
As tropas napoleónicas ocupan España ao redor de 1820. En Sevilla, a xitana Carmen enfeitiza o cabo don José, que acaba por desertar do exército e rexeitar o seu compromiso previo con Micaela para se lanzar aos brazos de Carmen. Pero cando o toureiro Escamillo comeza a rondala tamén, os celos de José impoñen terribles consecuencias.
Inmediatamente despois do fracaso da Armada Invencible, a Raíña Isabel I de Inglaterra preparou unha frota de represalia para atacar ao Imperio español. A Contraarmada estaba formada por 180 barcos e case 30.000 homes e tiña o obxectivo de asestar un demoledor golpe a España, derrotando ao maior imperio do mundo naquel momento, asegurándose o control das lucrativas rutas comerciais con América e entronizando a un rei afín en Portugal.
Mentres Hervé se aburre profundamente da vida parisiense, «papá Jacques», o gardabosques, faille unha visita sorpresa. A súa muller está moi enferma e el está desesperado. Hervé decide entón fuxir para ir vela e ver por última vez a casa do bosque.
Proxección dos capítulos 5 e 6 de La casa del bosque, serie de Maurice Pialat.
CAP. 5
O pai de Hervé visita o seu fillo por primeira vez nun ano. O reencontro é tímido e infinitamente feliz. Pero o mozo non tarda en coñecer a noticia da morte do seu compañeiro Marcel.
CAP. 6
Por fin chega o armisticio. Os nenos participan nunha festa antes de abandonar para sempre a casa do bosque. Hervé atopa a seu pai en París e descobre a súa nova «nai» e a súa medio irmá Brigitte, coa que vivirá a partir de agora.
Proxección dos capítulos 3 e 4 da serie de Maurice Pialat La casa del bosque.
CAP. 3
Os habitantes da casa do bosque organizan unha agradable festa campestre dominical. Esta calma vese perturbada por graves noticias: a Marcel, un dos dous compañeiros de Hervé, chámano para ir á fronte.
CAP. 4
Unha gornición detense preto da vila e os nenos ven por primeira vez soldados de verdade. Un deles ofrece o seu bautismo a Hervé, que está encantado. Pero a morte nunca está lonxe da vila e un dos avións estrélase por accidente.
Proxección dos dous primeiros capítulos da serie La casa del bosque, de Maurice Pialat.
CAP. 1
Albert, o gardabosques, vive coa súa muller e os seus dous fillos na casa do bosque. En 1917, acollen a tres nenos cuxos pais foron á fronte. Cando non están na escola, os nenos xogan á guerra e agóchanse no bosque.
CAP. 2
Os xendarmes investigan a un ladrón que rouba alegremente da reserva común da vila. Hervé simpatiza co elegante conde e xanta no seu castelo.
Ramiro é cociñeiro nun bar. Hernán é un técnico sen traballo. Nora é enfermeira nun hospital público. Lucía é empregada nunha libraría. Catro historias e unha cidade en branco e negro de ceos nubrados. Ningún deles se coñece entre si, só son habitantes da mesma cidade.
En Puerto Pirámides, unha pequena vila na Patagonia arxentina, as rúas non teñen nome. Julia, mestra da única escola do lugar, desenvolve un proxecto escolar que compromete os seus alumnos nun obxectivo común: buscar nomes para denominar as rúas.
Proxéctase xunta ás curtas Hombre bajo la lluvia y Buscar trabajo, da mesma autora.