Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Crónicas turcas

Crónicas turcas é o título de 6 curtametraxes documentais realizadas en Turquía por Maurice Pialat entre 1962 e 1964. Verdadeiro retrato da cidade de Istambul filmado polo cineasta ao principio da súa carreira, este conxunto de curtametraxes descoñecidas aférrase aos diferentes barrios da cidade turca e aos seus habitantes, desde o carrexador ao loitador, pasando pola tradicional bailarina do ventre. Á poesía das imaxes en branco e negro engádese a beleza dos textos literarios de Gérard de Nerval, Stefan Zweig e Nazim Hikmet.

Galego

The Fuckee’s Hymn

Película en resposta á súa anterior Distinguished Flying Cross (2001), imita a súa estrutura para descompoñer a mitificación dos veteranos de guerra.

Proxéctase xunto á curta For the Civilian Casualties in the 3rd Gaza War.

Galego

Distinguished Flying Cross

Un pai sentado no centro da mesa, flanqueado polos seus dous fillos adultos e unhas cervexas: esta composición minimalista é tan xeometricamente sobria como A última cea de Leonardo Da Vinci. Relaxado, o home relata sen andrómenas a súa experiencia como suboficial do exército en Vietnam. A guerra? A súa vocación como piloto foi froito do azar: había que pasar polo exército para facer carreira na aviación. Cuestionando a marxe de manobra do que o cineasta denomina «un bo home» en tempos dunha guerra inxusta, a película céntrase sobre todo nas características distintivas do seu discurso.

Galego

Bajo el sol de Satán

Palma de Ouro en Cannes para unha adaptación da novela de George Bernanos que describe a decadencia espiritual do cura Donissan, sometido a constantes mortificacións e acosado polo Mal, encarnado pola moza Mouchette e o propio Demo. Axudado polo deán Menou-Segrais, Donissan afronta unha auténtica traxedia metafísica neste filme complexo presidido por unha planificación medida e brillante.

Galego

Who Killed Cock Robin?

Dennis Lim cualificou WKCR? como unha das dez películas máis ignoradas na historia de Sundance: «A primeira longa de ficción de Travis Wilkerson, que segue a liña do agitprop lírico do seu documental AN INJURY TO ONE, rodado en Butte, Montana, retrata a vida dun adolescente desarraigado na mesma cidade sen futuro: roubando en tendas, pasando o tempo en minas abandonadas, lidando co declive das perspectivas laborais e os movementos sindicais. Unha película audaz e pouco convencional en todos os sentidos, sobre todo pola súa sincera postura política».

Galego

1982: unha crónica cultural

A segunda das sesións dedicada ao fondo videográfico de Espello Vídeo Cine centrarase na actividade cultural da cidade da Coruña en 1982. Proxectaranse as seguintes pezas:

 

- Festa da poesía no teatro Rosalía, abril de 1982.

- I concurso de rock, xullo de 1982 (precursor do Noroeste Pop Rock).

- Festival de cine de comedia, outubro de 1982.

 

Galego

Police

Mangin, un implacable inspector de policía intenta eliminar unha banda de narcotraficantes dirixida por un clan de irmáns magrebíes que traballan con cocaína en Marsella. A investigación implica a Nora, unha moza casada cun dos xefes da banda. A detención do marido de Nora, crea un vínculo de afecto entre Mangin e Nora. Prolongación do estimable subxénero policial (o chamado polar) francés –que denota o gusto do director polo cine popular- nunha narración depurada e seca que ofrece unha galería de magníficos retratos, unha sucesión de personaxes contraditorios, violentos e tenros.

Galego

1981-1983: unha crónica política

A primeira das sesións dedicada á empresa Espello Vídeo Cine estará dividida en dúas partes. Na primeira, o produtor Xosé Xoán Cabanas Cao e o investigador Manolo González analizarán o que supuxo no eido do audiovisual a irrupción da compañía en 1981, mostrando un breve vídeo que recolle parte da súa traxectoria e máis algúns dos soportes técnicos, como cámaras ou magnetófonos, cos que se traballaba.

 

Na segunda parte proxectaranse tres pezas referidas á actividade política dos primeiros anos da autonomía galega:

 

Galego

A nuestros amores

A moza Suzanne non é capaz de entregarse emocionalmente ao seu pretendente e comeza a ter furtivos encontros sexuais, sempre evitando o amor e a expresión das emocións. Suzanne foxe das complexidades familiares, presididas por un pai que desaparece, unha nai histérica e un irmán agresivo. O espertar sexual e a educación sentimental dunha adolescente nun axustado relato que supuxo o debut (con quince anos) de Sandrine Bonnaire como actriz. Excelente Pialat no papel do pai nun filme que obtivo premios César á mellor película e actriz promesa (Bonnaire) e o Prix Louis Delluc.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual