Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

An Injury to One

Montaxe multimedia con distintas fontes de arquivo e filmacións in situ sobre Butte, Montana, unha pequena cidade outrora próspera pola súa minería e hoxe abandonada como zona de desastre ambiental. Wilkerson remóntase especificamente ao conflito entre sindicatos e patróns durante a Primeira Guerra Mundial para analizar a brutalidade do capital con ferramentas dialécticas marxistas e lanzar unha emenda á totalidade dun sistema que considera brutal e deshumanizador.

Galego

El inquilino

Moi coñecida é Surcos (1951), de Nieves Conde, como bo exemplo de neorrealismo español. Seis anos máis tarde dispúxose a facer, co mesmo espírito, El inquilino (1957), con Fernán Gómez de protagonista. A historia centrábase nas desventuras dunha parella para asegurarse unha vivenda digna no Madrid do desarrollismo franquista. A censura mutilouna, danando as súas posibilidades de proxección. Só en 1993 recuperaría o seu autor a montaxe orixinal, que rescata agora Filmoteca Española nunha nova restauración.

Galego

Did You Wonder Who Fired the Gun?

Alabama, 1946. S.E. Branch, o bisavó do cineasta, asasinou a Bill Spann, un home negro. O asasinato converteuse nunha lenda oculta da familia e, cando Wilkerson se propón desentrañar o misterio, atópase cun obstáculo tras outro: rexistros destruídos e todos negándose a falar. Acúsano de traer vergoña á familia, de remover vellos problemas que ninguén quere. As pantasmas son reais en Alabama. Esta non é a historia dun Salvador Branco. É a historia dun Pesadelo Branco.

Galego

Real Faces

Julia é unha ambiciosa axente de casting que loita por construír unha nova vida. Oculta as súas inseguridades tras unha fachada de éxito. Entón coñece ao microbiólogo Eliott e establece unha amizade auténtica que a inspira a liberarse.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual