Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Bomba Bernal

A voz do defunto cineasta Ishmael Bernal, resucitada grazas á IA, guía un percorrido polo cinema porno filipino a través das chamadas películas Bomba. Ao son da explosiva música disco dos anos 70 e 80, esta complexa montaxe de found footage, esconde, finalmente, unha reveladora lectura política da historia do seu país.

Galego

XLVII Semana de Cine de Lugo 2025

Coma en anos anteriores a Biblioteca colabora na Semana de Cine de Lugo.

Nesta ocasión en duas seccións: Cine Español inédito e 90 Anos de Radio en Lugo

LUNS, 22:

            LA SOMBRA DEL QUEBRANTAHUESOS -- 17:30 h. (83 min.)

            LAS LECHUZAS SOLO SALEN POR LA NOCHE -- 20:00 h. (99 min.)

MARTES, 23:

            EL INSTINTO -- 17:30 h. (92 min.)

            AMOR EN TODA LA CARA -- 20:00 h. (95 min.)

MÉRCORES, 24

           A SOLAS CON FARID -- 17:30 h. (25 min.)

XOVES, 25:

Galego

Nai + Véxote + Pura

  • Curtas Sesión 1

As curtametraxes de ficción e animación finalistas na última edición dos Premios Mestre Mateo forman parte do Ciclo Mestre Mateo de Cinema Galego grazas á colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Axencia Galega das Industrias Culturais. Os traballos agrúpanse en dúas sesións, de xeito que nesta Sesión 1 proxéctanse as seguintes curtas de ficción:

Nai

Galego

Avetimología + Noites de prata + Sinapse + Eu vou comigo + Platónico, platónica

  • Curtas Sesión 2

As curtametraxes de ficción e animación finalistas na última edición dos Premios Mestre Mateo forman parte do Ciclo Mestre Mateo de Cinema Galego grazas á colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Axencia Galega das Industrias Culturais. Os traballos agrúpanse en dúas sesións, de xeito que nesta Sesión 2 proxéctanse as seguintes curtas de animación:

Avetimología

Galego

Juan, como si nada hubiera sucedido

O estudante Juan Herman é o único desaparecido político da cidade de San Carlos de Bariloche durante a ditadura arxentina de 1976. O filme, realizado en branco e negro, mostra o xornalista barilochense Esteban Buch entrevistando as persoas testemuñas da súa desaparición e detención, así como as persoas que deberon estar involucradas no delito, entre elas os militares e funcionarios que tiñan o poder en Bariloche nese momento.

Galego

La viajera

Iris (Isabelle Huppert), unha viaxeira misteriosa, vagabundea polas aforas de Seúl. Alí convence a unha serie de persoas para ensinarlles francés cun método tan pouco ortodoxo como sedutor, a pesar da súa falta de experiencia. Entre paseos polo parque e botellas de viño de arroz makgeolli, Iris parece de súpeto unha máis da familia. Con chapeu de palla, vestido de flores e chaqueta verde, a súa personalidade desinhibida crea ao seu redor un clima de confianza, diversión e aprendizaxe que provoca momentos hilarantes froito da súa desenvoltura e algún malentendido.

Galego

Loulou

Nelly, a muller burguesa dun publicista, mantén unha historia pasional con Loulou, un pequeno delincuente cuxa vulgaridade e potencia sexual a seducen. Sen romper as relacións co seu home, planea vivir con Loulou, que lle promete traballar polo neno que esperan. Durante unha comida familiar onde se atopa todo o clan de Loulou, Nelly parece tomar conciencia do mundo no que vai entrar. Pialat, aquel home sen concesións demoledor das presuntas virtudes de cineastas máis gabados (de Scorsese a Spielberg) nun dos seus filmes máis duros e coñecidos.

Galego

La vuelta al nido

Enrique é un rutineiro empregado de oficina que vive un matrimonio xa sen paixón. Logo de recibir unha mensaxe anónima que lle advirte que a súa muller o engana, empezará a reformularse algunhas cousas.

Galego

Mburucuyá, cuadros de la naturaleza

En 1799 Friedrich Heinrich Alexander Von Humboldt, en compañía do botánico Aimé Bonpland, partiu do porto de Marsella rumbo a Sudamérica, onde permanecería cinco anos. O choque entre as dúas culturas, entre os dous modos de pensamento, era inevitable. A descrición perfecta das plumas do pato fainos perder a súa esencia, a súa alma. Mburucuyá, esa estraña flor latinoamericana que os españois rebautizarán como “pasionaria” polos seus pistilos que lembran os tres cravos do Cristo na cruz, é máis que nada cor e movemento.

Galego

Aprueba primero

Historia duns adolescentes desilusionados que viven nunha rexión mineira do norte de Francia. A proximidade do exame de graduación, os conflitos cos adultos e o incerto futuro fan que afronten o transo con indiferenza. A vida de provincias dun director próximo a Eustache ou Rozier -fillos de Lumière en definitiva- nunha obra de enorme influencia posterior e, por desgraza, escasamente difundida.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual