Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Panorama Galicia Retro

Proxección dos seguintes traballos de animación galegos dos últimos anos:

 

Decorado (Alberto Vázquez, 2016) 11’

Sandwich Cat (David Fidalgo, 2022) 11’

Peixe (Álvaro Trigo, 2023) 1’

The Monkey (Lorenzo Degl’Innocenti, Xosé Zapata, 2021) 17’

TroubledTimes_GreenDay (Manu Viqueira, 2017) 3’

RobertPlant_”Chevrolet” (Manu Viqueira, 2025) 3’

- Escolma de pezas de Nabiza Girl (prod. Algarabía Animación, 2024)

Galego

Danza no foco

Serie de 10 cápsulas visuais que retratan o panorama da danza contemporánea galega. Proxectarase unha selección duns 30 minutos de duración.

Con relatorio de Derek Pedrós, realizador e fotógrafo, especializado en danza e arquitectura.

Galego

Van Gogh

Maio de 1890. O pintor Vincent Van Gogh chega á localidade de Auvers-sur-Oise e instálase nunha modesta pensión na que establece relación cun admirador da súa obra, o doutor Gachet e a súa filla Marguerite. Van Gogh comeza con ela unha relación afectiva. Traballando por momentos de maneira compulsiva e arrastrado cara á loucura, con visitas ocasionais ao seu irmán e protector Théo e a prostituta Cathy, Pialat presenta de novo a súa procura ou esixencia de verdade, a plasmación dun proxecto que perseguiu durante 30 anos, unha homenaxe ao mesmo tempo á súa vocacion de pintor.

Galego

Los Angeles Red Squad: The Communist Situation in California

O comezo, Los Ángeles hoxe, á tardiña. Nesta primeira entrega dunha serie sobre a policía en Estados Unidos, Travis Wilkerson trata de rastrexar as primeiras actividades da sección Red Squad (Escuadrón Vermello) da policía municipal, baixo a celosa tutela da súa figura emblemática nos anos vinte e trinta, William «Red» Hynes. Del só vemos o seu rostro e un xesto, co revólver apuntando á persoa que o fotografa. A súa misión? Localizar, expulsar e ameazar os activistas comunistas.

Galego

El niño

Gérard quere coidar do seu fillo de catro anos, Antoine (interpretado polo fillo homónimo de Pialat), froito da súa unión con Sophie. A relación morre e Gérard vai vivir con Jeannot. A derradeira película de Pialat (que non chegou a montar) é de novo unha fermosa e terrible historia de sentimentos e dor, en palabras de Serge Toubiana, unha home movie autobiográfica en forma de pintura cubista que volve aos grandes temas do cineasta: o grupo de familia, a morte, a infancia.

Galego

Cine cego

A conferencia perfomativa Cine cego proponse como unha maneira de activar os materiais do ensaio do mesmo nome (Libros da resistencia, 2023) de Marta Azparren, que investiga a necesidade dunha interrupción visual, unha certa cegueira fronte á sobreexposición ás imaxes.

Galego

La quimera del oro

A finais do século XIX e en plena febre do ouro, Charlot é un vagabundo que chega a Alasca en busca de fortuna. Tras ser sorprendido por unha tormenta de neve, refúxiase nunha cabana próxima, onde comenza un percorrido no que coñecerá Georgia, Big Jim e a Black Larsen. Durante a súa estancia enfrontarase ao frío, á fame e á soidade, a tormentas de neve e mesmo a ataques de osos.

Galego

GET LOST!

A finais de 2024, convidaron o cómico Matt Barats a China para impartir clases e actuar nun espectáculo de monólogos cómicos nunha universidade con convenio estadounidense-chinés e en clubs de comedia da provincia de Jiangsu e en Xangai. Non saíu ben.

Feito en China na era da nova Guerra Fría. Con música de Scott Kellerhouse e Hellish Cashtrap.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual