Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Dar la cara

A través de tres personaxes que se reintegran á vida cotiá tras rematar o servizo militar obrigatorio, Viñas e Martínez Suárez construíron unha complexa armazón social na que están representadas as tensións universitarias, a decadencia do cinema industrial e a venalidade do deporte profesional, ademais de boa parte da vida cotiá porteña da época. O filme sorprende pola precisión da súa forma e a súa estrutura, pero sorprende aínda máis a súa vixencia, tras corenta anos da súa realización.

Galego

La boca abierta

A agonia dunha muller de cincuenta anos, Monique, gravemente enferma de cancro e a influencia deste feito na vida da súa contorna inmediata, o marido e os fillos. Como comenta o escritor cinematográfico Gonzalo de Lucas a obsesión de Pialat por respectar a realidade das cousas remíteo a unha pureza insólita, que enlaza coa orixe do cine mesmo, as vistas Lumière como captura en bruto do real. Intensa e chea de violencia soterrada, tenra e abrupta, estamos ante unha película chea de conversas íntimas, reveladoras, de frustracións, traumas e desarranxos.

Galego

Operación masacre

En 1956, un intento de golpe cívico-militar contra a ditadura autodenominada "Revolución Libertadora" fracasa, e en represalia, nun terreo escampado de José León Suárez (provincia de Bos Aires), son ilegalmente fusilados varios civís sospeitosos de formar parte do alzamento. Sete lograron sobrevivir e contar a historia.

Galego

Racconto

O encontro e desencontro romántico entre unha modelo aristocrática e un actor é narrado de maneira complementaria por tres personaxes distintos e por ela mesma. Esa multiplicidade de puntos de vista enriquece a historia con varias capas sucesivas compostas por detalles do cotián e caracterización. O resultado é unha estrutura similar á dunha arañeira (aínda que sen as connotacións ominosas): no centro, o lugar máis definido e mellor cercado, está Ana; ao seu redor, os personaxes máis próximos a ela, que son os tres narradores.

Galego

Nosotros no envejeceremos juntos

Con aspereza, sen piedade nin sentimentalismos, Pialat filma a crónica da degradación dunha parella. Un director de cine airado e violento, Jean, e Catherine, unha muller chea de neuras e comportamentos infantís, trazan arrebatos, enfados, promesas e reconciliacións nunha historia de amor que se resiste á súa disolución. Premio de interpretación para o actor Jean Yanne en Cannes 1972, nova mostra da habilidade do director para o traballo cos intérpretes.

Galego

Rapa

O cabalo galego de monte está a desaparecer, só unhas poucas bestas resisten acosadas polos bandidos, os lobos... e agora tamén polos parques eólicos. Ao seu carón, a pequena aldea de Sabucedo preserva algo único: un vínculo ancestral e íntimo cos cabalos salvaxes. Unha vez ao ano a aldea celebra a “Rapa das Bestas" e 15.000 persoas acoden a presenciar o atávico, os veciños cortando as crinas dos cabalos nun enfrontamento corpo a corpo. Cando todos marchan, ninguén ve a realidade detrás da rapa: cada ano hai menos bestas no monte e –coma nun espello– menos xente na aldea.

Galego

Los venerables todos

Ismael, o integrante máis inestable e débil de carácter dun suposto grupo de conspiradores con aspiracións de poder, sofre constantemente as burlas e o menosprezo do líder do mesmo e os seus outros compañeiros. Todo cambia cando unha muller da que Ismael está namorado empeza a internarse nas lóxicas macabras do grupo.

Galego

Los inundados

A auga de Los inundados é auga de río, dun río cotián do litoral arxentino que é todo menos paisaxe estética, en cuxas costas viven varias familias de escasos recursos que deben trasladarse logo dunha crecida.

Galego

¡Ufa con el sexo!

Exemplo de cinema maldito, grazas ao veredicto descualificatorio da Junta Nacional de Cinematografía que inhibiu a película para a súa proxección, Ufa con el sexo talvez sexa a película máis desenfadada de Kuhn, cun sentido do humor sardónico que leva todos os prexuízos por diante.

Galego

La infancia desnuda

Primeira longametraxe de Pialat e na que xa amosa a súa persoal perspectiva, un retrato sen disimulos da infancia, observada sen nostalxia nin idealización a través do relato da vida de François, un neno de dez anos que pasa por distintos fogares logo de ser abandonado e confiado aos servizos sociais e que por momentos parece unha copia da nenez demoledora que soportou Jean Genet. Desgarrado e complexo filme que moitos decidiron confrontar a Los cuatrocientos golpes, pese a que o mesmo Truffaut -ao igual que Claude Berri- colaborou na produción desta pertinente ópera prima.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual